Saltar ao contido

Agalega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 24 de abril de 2011 ás 21:56 por 213.60.32.228 (conversa)
Agalega
Bandeira de Mauricio Nicht vorhanden
Bandeira Escudo
Localización
Localización das illas Agalega
Datos
Capital Sainte Rite
País Mauricio
Linguas Crioulo, Inglés
Poboación 300 hab.
Superficie 70 Km²
Densidade
Concellos
Coordenadas Modelo:Coor dm
Maior Altura outeiro de Emerez
Mapa do arquipélago de Agaléga.

Agalega é un grupo de dúas illas do Océano Índico pertencentes a Mauricio. Ten unha extensión de 70 km² e 300 habitantes de fala crioula mauricia e relixión católica. Sitúase a uns mil quilómetros ao norte da Illa Mauricio, a 10º 24´ de latitude sur e a 56º 37´de lonxitude oeste.

Xeografía

Malia pertenceren ao grupo das illas Mascareñas, as illas Agalega están situadas moi ao norte das illas principais, constituindo un pequeno arquipélago a máis de medio camiño cara ao grupo das Seixeles. As Agalega están 1.122 quilómetros ao norte da illa Mauricio.

O territorio das Agalega consta de dúas illas principais (North e a South Islands) cunha área total de 27 km², localizadas na periferia oeste dun longo atol coralino. A North Island é a maior e mais poboada.

Na Illa Norte de 12,5 km de lonxitude e 1,5 km de ancho está a capital Vingt Cinq e a vila de La Fourche, ademais do aeródromo. O camiño que une as diferentes localidades é coralino e areoso.

Na Illa Sur, de 7 km de lonxitude e 4,5 km de ancho, tan só hai unha vila, Sainte Rite, que a Enciclopedia Británica cita como a capital. Ten unha escola a "Jacques Le Chartier", un posto de policía e un pequeno hospital. Hai unha estrada pero poucos vehículos.

O punto máis alto é o outeiro de Emerez na illa do norte. O clima é quente e húmido e a temperatura media anual é de 26ºC, oscilando entre un mínimo de 22,5ºC e un máximo de 30,6ºC.

Nelas habita a lagarta agalega (Phelsuma borbonica agalegae cheke), incluida na lista CITES de especies protexidas.

Infraestruturas

O centro administrativo da illa está situado em Vingt Cinq e está a cargo dunha empresa pública mauriciana (OIDC - Outer Islands Development Corporation). A poboación total é de preto de 300 habitantes, vivindo moi illados, xa que non se permiten as visitas ás illas (excepto en prestación de servizos).

Non hai rede de auga corrente. A auga potable provén da chuvia recollida por canalóns. A auga para outros usos provén de pozos. A electricidade é producida por xeradores diesel e o seu abastecemento limítase a certas horas.

O servizo de saúde componse por un oficial de saúde e unha comadroa. Médicos que veñen de Mauricio fan breves xiras ao longo do ano. Tamén reciben a visita dun maxistrado no curso do ano.

As principais exportacións da illa son a copra e mailo aceite de coco, habendo tamén unhas poucas cabezas de gando.

Historia

As illas foron coñecidas polos árabes e malaios, pero non houbo asentamentos permanentes, foron tamén coñecidas polos navegantes portugueses que facían a ruta entre Portugal e a India no século XVI.

Polo que respecta ao seu nome existen tres versións:

  • A segunda pista, a mais probable, é a que nos leva a Xoán de Nova, un mariñeiro galego ao servizo da coroa portuguesa. Foi coñecido polos seus mariñeiros baixo o alcuño de Xoán Galego. Este bautismo está ben documentado en Os Novos Anais de Viaxe (Tomo 38, páxina 88). Está alí escrito que o chamado Xoan de Nova descubriu estas illas en 1501.
  • A terceira pista do bautismo de ambas as illas é o do navegante Portugués Diogo Lopes de Sequeira. Sir Robert Scott explicou no seu libro que este navegante descubrira Agalega en 1509 chamandoa Baixas da Gale Galeass Bank, Gale significa un vento de forza 8 en inglés. O nome fai referencia, ironicamente, a formación dunha borrasca que modelou as costas de ambas as illas. Como consecuencia deste descubrimento, as cartas da rexión representaban os illotes como Gale, Galera, Galega e finalmente Agalega.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.