Saltar ao contido

Batería (instrumento musical)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 5 de maio de 2011 ás 21:51 por 213.60.32.228 (conversa) (este artigo contén material procedente do artigo da Wikipedia en portugues pt:Bateria (instrumento musical))
Batería (instrumento musical)
Información
ClasificaciónInstrumento de percusión
1) Pratos Ride e Crash
2) Tom de chan
3) Toms 1 e 2
4) Bombo
5) Caixa
6) Hi hat
Batería

En música unha batería é un instrumento musical de percusión, formado por unha serie de tambores e pratos (ou címbalos), que se conforman nunha estrutura estandarizada. Todos os instrumentos os executa un só intérprete. Este instrumento, xunto co baixo, conforma a base rítmica da música popular.

Outra acepción deste termo ten o significado de baterista.

A batería naceu en Nova Orleáns cando as bandas de Dixieland pasaron das rúas ós clubs incorporando, ademais do piano, un conxunto de instrumentos de percusión empregados nas bandas militares (bombo, caixa e pratos) adaptándoos á execución por un único músico. Logo evolucionou coa adición de timbais e outros tipos de pratos.