Saltar ao contido

Gran Premio de Turquía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Gran Premio de Turquía é unha carreira de automobilismo de velocidade válida para o campionato mundial de Fórmula 1, que se disputou por primeira vez o 21 de agosto de 2005 en Istambul, Turquía. Para este gran premio construír un novo circuíto, o Circuíto de Istambul na parte asiática de Istambul, cunha lonxitude de 5´340 m e un trazado que comprende seis curvas á dereita e oito á esquerda. O circuíto córrese en sentido contrario ás manecillas do reloxo; sendo o único circuíto, xunto co de Interlagos, no que se dá tal circunstancia.

Gañadores do Gran Premio de Turquía

O Autódromo de Estambul, tamén coñecido como Circuíto de Estambul ou Parque de Estambul (en turco: İstanbul Park), é un autódromo localizado no lado asiático de Estambul,Turquía. Foi construído para ser sede do Gran Premio de Turquía de Fórmula 1. Rodeado por bosques e parques, áchase localizado cerca da intersección de Kurtköy, no norte da autopista TEM, que comunica Estambul con Ankara. Xunto ao circuíto, encóntrase o Aeroporto Internacional Sabiha Gökçen.

Ano Piloto Equipo Resultados
2005 Finlandia Kimi Räikkönen McLaren-Mercedes Resultados
2006 Felipe Massa Ferrari Resultados
2007 Felipe Massa Ferrari Resultados
2008 Felipe Massa Ferrari Resultados
2009 Modelo:RUb Jenson Button Brawn-Mercedes Resultados
2010 Modelo:RUb Lewis Hamilton McLaren-Mercedes Resultados
2011 Alemaña Sebastian Vettel Red Bull Racing Resultados

Ligazóns externas