Saltar ao contido

Ambiente

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 29 de xullo de 2012 ás 05:43 por Alfonso Márquez (conversa | contribucións) (→‎Concepto de ambiente: Hábitat (ecoloxía))
Ambiente natural.

Enténdese por ambiente, ou medio ambiente, a contorna ou suma total daquilo que nos rodea e que afecta e condiciona especialmente as circunstancias de vida dos seres vivos e, or tanto, tamén das persoas e a sociedade no seu conxunto.

Historia

  1. Hipócrates (460-375 anos antes de Cristo), na súa obra Aires, augas e lugares, resalta a importancia do ambiente como causa de enfermidade.
  2. Thomas Sydenham (1624-1689) e Giovanni Maria Lancisi (1654-1720), formulan a teoría miasmática, na que o miasma é un conxunto de emanacións fétidas de chans e augas impuras que son causa de enfermidade.
  3. No século XIX con Chadwick, William Farr (1807-1883) coa mortalidade dos mineiros, John Snow (1813-1858) con "Sobre o modo de transmisión do cólera", consolídase a importancia do ambiente en epidemioloxía e a necesidade de utilizar métodos numéricos.

Concepto de ambiente

Na Teoría xeral de sistemas, un ambiente é un complexo de factores externos que actúan sobre un sistema e determinan o seu curso e a súa forma de existencia. Un ambiente podería considerarse como un superconxunto, no cal o sistema dado é un subconxunto. Un ambiente pode ter un ou máis parámetros, físicos ou de outra natureza. O ambiente dun sistema dado debe interactuar necesariamente con el.

En epidemioloxía o ambiente é o conxunto de factores chamados factores extrínsecos, que inflúen sobre a existencia, a exposición e a susceptibilidade do axente en provocar unha enfermidade ao hóspede.

En ecoloxía o ambiente é o conxunto de todos os factores abióticos, ou biótopo (auga, luz, temperatura, clima, presón. etc.) coma bióticos que conforman o hábitat da biocenose ou conxuntio de poboacións que, canda ela, constitúen o ecosistema.

Estes factores extrínsecos son:

  1. Poboación humana: Demografía.
  2. Flora: fonte de alimentos, inflúe sobre os vertebrados e artrópodos como fonte de axentes.
  3. Fauna: fonte de alimentos, hóspedes vertebrados, artrópodos vectores.
  4. Auga.
  • Ambiente socioeconómico:
  1. Ocupación laboral ou traballo: exposición a axentes químicos, físicos.
  2. Urbanización ou contorna urbana e desenvolvemento económico.
  3. Desastres: guerras, inundacións.

Véxase tamén

Artigos relaciobnados