Saltar ao contido

Cámbium

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O cámbium é un tecido propio das plantas vasculares a partir do cal se xera o xilema e o floema.

É o responsable do crecemento secundario das plantas, e caracterizase por ter un crecemento activo durante toda a vida da planta.

Hai varios tipos de cámbium nas plantas. O procámbium é o tecido meristemático primario, derivado do meristema primario da planta nacente, que dá lugar ao xilema e floema primarios. O cámbium vascular, que dá orixe ao xilema e floema durante o crecemento secundario. O felóxeno ou cámbium suberoso, que orixina a periderme.

Procámbium

Cámbium vascular

Ficheiro:Stem-cross-section2.jpg
Varias seccións dun talo mostrando o cámbium vascular e as células dos tecidos condutires que o acompañan. [1]

O cámbium vascular está formado por células con capacidade meristemática de división situado entre o xilema e floema, que dá lugar a novas células do xilema e floema durante o crecemento secundario da planta (xilema secundario e floema secundario).

O cámbium vascular é un meristemo lateral que orixina xeralmente un cilindro oco completo de células no interior do talo e raíz, as cales forman cara ao interior células do xilema e cara ao exterior células do floema. Nalgunhas plantas en vez dun cilindro forma cordóns separados e os feixes vasculares tamén son cordóns (por exemplo, en Cucurbita e nos pecíolos e veas foliares). [2]

Orixe

Vascular cambium arises from the primary meristem, procambium that remains undifferentiated between the primary xylem and primary phloem. Upon maturity, this region known as the fascicular cambium, and the area of cells between the vascular bundles (fascicles) called pith rays becomes what is called the interfascicular cambium. The fascicular and interfascicular cambiums, therefore, represent a continuous ring which bisects the primary xylem and primary phloem. The vascular cambium then produces secondary xylem on the inside of the ring, and secondary phloem on the outside, pushing the primary xylem and phloem apart.

Orixínase a partir do procámbium. O cámbium vascular consta de dous tipos de células:

  • Células iniciais fusiformes. Son células longas e afiadas, orientadas axialmente, que dn orixe ao xilema e floema vertical, lonxitudinal ou axial da planta, orixinando, segundo os casos, traqueidas, elementos dos vasos, células cribosas e parénquimáticas e esclerenquimáticas.
  • Células iniciais radiais. Son células case isodiamétricas e pequenas, que dan orixe ás células radiomedulares do sistema transverso ou horizontal do xilema e floema.

O cámbium vascular aparece e dicotiledóneas e ximnospermas, pero non en monocotiledóneas, que xeralmente non teñen crecemento secundario.

Durante a práctica de enxertos nas plantas, o cámbium do enxerto e da planta que o recibe deben aliñarse para que se fusionen e crezan xuntos. [3]

Cámbium suberoso ou felóxeno

Nas plantas con crecemento secundario fórmase un cámbium secundario lateral no interior do córtex, a máis ou menos profundidade, chamado cámbium suberoso ou felóxeno, que forma xeralmente un anel que orixina cara ao exterior súber (un tecido suberizado) e cara ao interior feloderme (un tecido parenquimático). En conxunto, o súber, felóxeno e feloderme constitúen a periderme.

See also

References

  1. Winterborne J, 2005. Hydroponics - Indoor Horticulture [1]
  2. Ewers, F.W. 1982. Secondary growth in needle leaves of Pinus longaeva (bristlecone pine) and other conifers: Quantitative data. American Journal of Botany 69: 1552-1559. [2]
  3. Capon, Brian (2005). Botany for Gardeners (2nd ed.). Portland, OR: Timber Publishing. p. 64. ISBN 0-88192-655-8.