Cámbium
Este artigo está a ser traducido ao galego por un usuario desta Wikipedia; por favor, non o edite. O usuario Miguelferig (conversa · contribucións) realizou a última edición na páxina hai 12 anos. Se o usuario non publica a tradución nun prazo de trinta días, procederase ó seu borrado rápido. |
O cámbium é un tecido propio das plantas vasculares a partir do cal se xera o xilema e o floema.
É o responsable do crecemento secundario das plantas, e caracterizase por ter un crecemento activo durante toda a vida da planta.
Hai varios tipos de cámbium nas plantas. O procámbium é o tecido meristemático primario, derivado do meristema primario da planta nacente, que dá lugar ao xilema e floema primarios. O cámbium vascular, que dá orixe ao xilema e floema durante o crecemento secundario. O felóxeno ou cámbium suberoso, que orixina a periderme.
Procámbium
Cámbium vascular
O cámbium vascular está formado por células con capacidade meristemática de división situado entre o xilema e floema, que dá lugar a novas células do xilema e floema durante o crecemento secundario da planta (xilema secundario e floema secundario). Como as divisións do cámbium son tanxenciais (periclinais) orixínanse ringleiras radiais de células do xilema e floema, que pode persistir ou pode modificarse despois debido a axustes durante a diferenciación dos tecidos.
O cámbium vascular é un meristemo lateral que orixina xeralmente un cilindro oco completo de células no interior do talo e raíz, as cales forman cara ao interior células do xilema e cara ao exterior células do floema. Nalgunhas plantas en vez dun cilindro forma cordóns separados e os feixes vasculares tamén son cordóns (por exemplo, en Cucurbita e nos pecíolos e veas foliares). [2]
En moitas plantas o cámbium ten un crecemento estacional, detén o seu crecemento en inverno e reiníciase en primavera. Durante a reactivación primaveral as células do cámbium primeiro expándense radialmente (e debilitan as súas paredes radiais) e despois empezan a dividirse.
Orixe
Vascular cambium arises from the primary meristem, procambium that remains undifferentiated between the primary xylem and primary phloem. Upon maturity, this region known as the fascicular cambium, and the area of cells between the vascular bundles (fascicles) called pith rays becomes what is called the interfascicular cambium. The fascicular and interfascicular cambiums, therefore, represent a continuous ring which bisects the primary xylem and primary phloem. The vascular cambium then produces secondary xylem on the inside of the ring, and secondary phloem on the outside, pushing the primary xylem and phloem apart.
Orixínase a partir do procámbium. O cámbium vascular consta de dous tipos de células:
- Células iniciais fusiformes. Son células longas e afiadas, orientadas axialmente, que dn orixe ao xilema e floema vertical, lonxitudinal ou axial da planta, orixinando, segundo os casos, traqueidas, elementos dos vasos, células cribosas e parénquimáticas e esclerenquimáticas.
- Células iniciais radiais. Son células case isodiamétricas e pequenas, que dan orixe ás células radiomedulares do sistema transverso ou horizontal do xilema e floema.
O cámbium vascular aparece e dicotiledóneas e ximnospermas, pero non en monocotiledóneas, que xeralmente non teñen crecemento secundario.
Durante a práctica de enxertos nas plantas, o cámbium do enxerto e da planta que o recibe deben aliñarse para que se fusionen e crezan xuntos. [3]
Cámbium suberoso ou felóxeno
Nas plantas con crecemento secundario fórmase un cámbium secundario lateral no interior do córtex, a máis ou menos profundidade, chamado cámbium suberoso ou felóxeno, que forma xeralmente un anel que orixina cara ao exterior súber (un tecido suberizado) e cara ao interior feloderme (un tecido parenquimático). En conxunto, o súber, felóxeno e feloderme constitúen a periderme.
Notas
- ↑ Winterborne J, 2005. Hydroponics - Indoor Horticulture [1]
- ↑ Ewers, F.W. 1982. Secondary growth in needle leaves of Pinus longaeva (bristlecone pine) and other conifers: Quantitative data. American Journal of Botany 69: 1552-1559. [2]
- ↑ Capon, Brian (2005). Botany for Gardeners (2nd ed.). Portland, OR: Timber Publishing. p. 64. ISBN 0-88192-655-8.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Imaxes de cámbium vascular
- Detailed description - James D. Mauseth
- Review: Risopatron JPM, Sun YQ, Jones BJ (2010) The vascular cambium: Molecular control of cellular structure. Protoplasma 247 (3-4):145-161. doi 10.1007/s00709-010-0211-z. PMID 20978810.