Saltar ao contido

Monosemia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 5 de outubro de 2012 ás 22:20 por Alfonso Márquez (conversa | contribucións) (media (matemáticas))

Circunstancia semántica que se dá cando unha palabra ou expresión lingüística só ten un significado (ou contido ou acepción). A monosemia pura, igual que a sinonimia pura, dáse en casos extremadamente particulares, debido a que as propias características da significación e o uso das linguas fan uso da polisemia como mecanismo que permite a economía da linguaxe. Malia isto, unha estimación para o galego en base ó primeiro 20% do Gran Diccionario Xerais da Lingua do ano 2000 indica que hai unha media de algo menos de 1.8 acepcións/palabra.

Na terminoloxía, a monosemia é unha esixencia da propia aplicación do traballo terminolóxico, pois o uso do corpus terminolóxico non pode dar lugar a erros nin ambigüidades.

Véxase tamén