Saltar ao contido

Omar Sívori

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 10 de novembro de 2012 ás 11:50 por BotDHojalata (conversa | contribucións) (*bandera -> bandeira; *clube -> club)

Modelo:InfFut Enrique Omar Sívori, nado en San Nicolás de los Arroyos, Provincia de Bos Aires, o 2 de outubro de 1935 e falecido na mesma cidade o 17 de febreiro de 2005), foi un futbolista e adestrador ítalo-arxentino.

Biografía

Debutou en River Plate no 1954, ós 17 anos de idade, onde gañou a Liga arxentina en 1955 e 1956. Xogou 63 encontros e anotou 28 goles.

En 1957 fichou pola Juventus da Serie A italiana pola cifra récord de 10 millóns de pesos arxentinos. Alí gañou tres títulos de Liga (1958, 1960 e 1961), dúas Copas de Italia (1959 e 1960) e foi o máximo anotador da Liga italiana (1960). Xogou 215 partidos e anotou 135 goles.

Ao obte-la dobre nacionalidade ítalo-argentina puido gaña-lo Balón de Ouro coma mellor xogador europeo en 1961.

En 1965 foise ao SSC Napoli, no que ficou catro tempadas. Despois de retirarse dirixiu, entre outros, a Rosario Central, River Plate e á Selección arxentina.

Selección nacional

Foi internacional coas Selecciones arxentina e italiana. Pola escadra arxentina xogou 18 econtros e anotou 9 goles, e tamén gañou a Copa América 1957. Polo seleccionado italiano xogou 9 encontros, anotando 8 goles.

Clubes


Títulos

Campionatos nacionais

  • River Plate - (Arxentina) - 1955
  • River Plate - (Arxentina) - 1956
  • Juventus FC - (Italia) - 1957
  • Juventus FC - (Italia) - 1959 (Copa de Italia)
  • Juventus FC - (Italia) - 1959
  • Juventus FC - (Italia) - 1960 (Copa de Italia)
  • Juventus FC - (Italia) - 1960

Copas internacionais

  • Selección nacional de fútbol de Arxentina - (Arxentina) - 1957 (Copa América)

Distincións individuais

Participacións nos Mundiais

Ligazóns externas