Ambiente
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Enténdese por ambiente, ou medio ambiente, a contorna ou suma total daquilo que nos rodea e que afecta e condiciona especialmente as circunstancias de vida dos seres vivos e, or tanto, tamén das persoas e a sociedade no seu conxunto.
Historia
- Hipócrates (460-375 años antes de Cristo), na súa obra Aires, augas e lugares, resalta a importancia do ambiente como causa de enfermidade.
- Thomas Sydenham (1624-1689) e Giovanni Maria Lancisi (1654-1720), formulan a teoría miasmática, na que o miasma é un conxunto de emanacións fétidas de chans e augas impuras que son causa de enfermidade.
- No século XIX con Chadwick, William Farr (1807-1883) coa mortalidade dos mineiros, John Snow (1813-1858) con "Sobre o modo de transmisión do cólera", consolídase a importancia do ambiente en epidemioloxía e a necesidade de utilizar métodos numéricos.
Concepto de ambiente
Na Teoría xeral de sistemas, un ambiente é un complexo de factores externos que actúan sobre un sistema e determinan o seu curso e a súa forma de existencia. Un ambiente podería considerarse como un superconxunto, no cal o sistema dado é un subconxunto. Un ambiente pode ter un ou máis parámetros, físicos ou de outra natureza. O ambiente dun sistema dado debe interactuar necesariamente con el.
En epidemioloxía o ambiente é o conxunto de factores chamados factores extrínsecos, que inflúen sobre a existencia, a exposición e a susceptibilidade do axente en provocar unha enfermidade ao hóspede.
En ecoloxía o ambiente é o conxunto de todos os factores abióticos, ou biótopo (auga, luz, temperatura, clima, presón. etc.) coma bióticos que conforman o hábitat da biocenose ou conxuntio de poboacións que, canda ela, constitúen o ecosistema.
Estes factores extrínsecos son:
- Ambiente físico: Xeografía Física, Xeoloxía, clima, contaminación.
- Ambiente biolóxico:
- Poboación humana: Demografía.
- Flora: fonte de alimentos, inflúe sobre os vertebrados e artrópodos como fonte de axentes.
- Fauna: fonte de alimentos, hóspedes vertebrados, artrópodos vectores.
- Auga.
- Ambiente socioeconómico:
- Ocupación laboral ou traballo: exposición a axentes químicos, físicos.
- Urbanización ou contorna urbana e desenvolvemento económico.
- Desastres: guerras, inundacións.