Saltar ao contido

Salamándridos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 30 de marzo de 2013 ás 13:21 por Addbot (conversa | contribucións) (Bot: Retiro 31 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q319469)
Salamándridos
(Salamandridae)

Salamandra salamandra
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Superclase: Tetrapoda
Clase: Amphibia
Subclase: Lissamphibia
Orde: Caudata/Urodela
Familia: Salamandridae
Goldfuss, 1820
Subfamilias e xéneros
  • Véxase o texto

A dos salamándridos (Salamandridae) é unha famila de anfibios caudados coñecidos cos nomes vulgares de píntegas e tritóns.

A distinción entre ambos os dous termos é vaga, pero podémolos distinguir pola cantidade de tempo que os animais pasan na auga: mentres que as píntegas ou salamántigas son máis terrestes, os tritóns pasan na auga cerca de 2 ou 3 meses por ano.

Presentan catro extremidades con cinco dedos nas posteriores e catro nas anteriores, unha cola en cada etapa do seu desenvolvemento e, polo xeral, patróns cromáticos na pel bastante rechamantes como medio de disuasión ante potenciais depredadores.[1]

Os salamándridos distribúense por todo o hemisferio norte ao longo de Europa, Asia, África do Norte e Norteamérica.[2] [1]

En Galicia existen dúas especies de salamántigas, Chioglossa lusitanica, a píntega rabilonga, ou galega, e Salamandra salamandra, a píntega común; e tres de tritóns, Lissotriton boscai, o tritón común, ou ibérico, Lissotriton helveticus, o tritón palmado, e Triturus marmoratus, o tritón verde.

Clasificación

Taxonomía

Familia Salamandridae

Cladograma

Cladograma baseado en Dubois & Raffaelli (2009) e Zhang et al. (2008).[3] [4]

Salamandridae

Salamandrina

Salamandrinae

Mertensiella

Chioglossa

Lyciasalamandra

Salamandra

Pleurodelinae

Pleurodeles

Echinotriton

Tylototriton

Notophthalmus

Taricha

Euproctus

Ichthyosaura

Lissotriton

Calotriton

Triturus

Ommatotriton

Neurergus

Cynops

Hypselotriton

Paramesotriton

Pachytriton

Laotriton

Notas

  1. 1,0 1,1 Duellman, W. E. & Trueb, L. (1994): Biology of Amphibians. Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-4780-6.
  2. Frost, Darrel R. (2008): Amphibian Species of the World: an Online Reference. Version 5.2 (15 July, 2008). Electronic Database. Accesíbel en American Museum of Natural History, New York, USA.
  3. Dubois, A. & Raffaelli, J. (2009): "A new ergotaxonomy of the family Salamandridae Goldfuss, 1820 (Amphibia, Urodela)". Alytes, 6: 1-85.
  4. Zhang, P. et al. (2008): "Phylogeny and biogeography of the family Salamandridae (Amphibia: Caudata) inferred from complete mitochondrial genomes". Molecular phylogenetics and evolution, 49 (2): 586-97.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas