Campo da feira
Aparencia
O campo da feira é o espazo que tradicionalmente se vén reservando nas vilas galegas para levar a cabo transaccións comerciais. Consiste nunha explanada despexada [1] na que os comerciantes se instalan provisionalmente, xa que non están adicados a albergar instalacións permanentes.
Neles adoitan celebrarse os mercados, así coma feiras temáticas, maioritariamente relacionadas co agro. Así mesmo, tamén poden empregarse para desenvolver actividades culturais ou deportivas [2], sobre todo as que deben desenvolverse ao aire libre. Por mor da expansión urbana, moitos deses campos pasaron a converterse en soares edificables, perdendo a súa función orixinaria.