Saltar ao contido

Castroverde

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 25 de febreiro de 2015 ás 18:07 por Martinho12 (conversa | contribucións)
Castroverde
Escudo de Castroverde
Casa do concello.
Situación
Xentilicio[1]castroverdense (non oficial)
Xeografía
ProvinciaProvincia de Lugo
ComarcaComarca de Lugo
Poboación2.823 hab. (2014)[2][3]
Área174,2 km²[3]
Densidade16,21 hab./km²
Entidades de poboación37 parroquias[4]
Capital do concelloCastroverde
Política (2011)
AlcaldeXosé María Arias Fernández (PSdeG-PSOE)
ConcelleirosBNG: 1
PPdeG: 4
PSdeG-PSOE: 6
Outros: -
Eleccións municipais en Castroverde
Uso do galego[5] (2011)
Galegofalantes81,14%
Na rede
www.concellodecastroverde.com
editar datos en Wikidata ]

Castroverde é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Lugo.

Demografía

Segundo o IGE en 2014 tiña 2.823 habitantes (3.187 no 2006, 3.236 no 2005, 3.286 no 2004, 3.372 no 2003). Neste concello atópase Montecubeiro, a parroquia máis grande de Galicia con 37 entidades de poboación.

Censo total 2014 2.823 habitantes
Menores de 15 anos 212 (7.51 %)
Entre 15 e 64 anos 1.615 (57.21 %)
Maiores de 65 anos 996 (35.28 %)
Evolución da poboación de Castroverde   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
6.189 7.173 8.122 4.617 3.286 3.012
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Localización

O concello sitúase no centro da provincia de Lugo. O territorio constitúe unha zona de transición entre a meseta luguesa e as Serras Orientais, de maneira que o terreo vai gañando altura cara ao leste: Serras de Moneiro, do Mirador (coa altura de 1034 m en Pradairo), da Vaqueriza e de Puñago.

Numerosos regatos baixan destes montes, vertendo nos ríos Guimarás, Azúmara, Romeán, Outeiro e Tórdea, todos eles afluentes do Miño.

O clima é oceánico con matices continentais, cunha oscilación térmica de até 13 °C entre temperaturas invernais baixas (5,6 °C en xaneiro) e as suaves do verán (17,7 °C). Chove arredor de 1.000 mm.

Historia

Castroverde pertenceu á Casa de Lemos até o século XVI, cando a vila, a fortaleza e as súas terras foron compradas polos Altamira. No século XIX producíronse enfrontamentos carlistas.

Monumentos

Na propia vila fica aínda a torre da homenaxe da fortaleza medieval dos Castro de Lemos, tamén chamado Castelo de Castroverde. Hai tres pazos notorios: o de Abraira-Arana, en Vilabade, o de Cellán de Mosteiro e o de Pumarega.

Á igrexa de Santa María de Vilabade, alcúmana "catedral de Castroverde", foi construída no século XV a instancias de Fernando de Castro para un mosteiro; é gótica, mais con adicións posteriores e retablos barrocos.

Destaca tamén a igrexa prerrománica de Soutomerille, reformada no ano de 1619, así como outras varias con elementos románicos.

Festas e feiras

  • Festas de Santiago o Maior, os días 24, 25 e 26 de xullo, facéndose numerosas actividades.
  • Festa da Xuventude, o 27 de decembro.
  • Feira da Artesanía. o 24 de agosto.
  • Feira, domingos alternos.
  • Festa dos Avós, en abril.

Galería de imaxes

Lugares de Castroverde

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Castroverde vexa: Lugares de Castroverde.

Parroquias

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Castroverde

Agustín (Santa María) | Arcos (San Paio) | Barredo (San Xoán) | Barredo (Santo André) | Barreiros (San Cosme) | Bolaño (Santa Baia) | Cellán de Calvos (San Salvador) | Cellán de Mosteiro (San Pedro) | Covelas (San Miguel) | Espasande (Santiago) | A Frairía (Santa María) | Furís (Santo Estevo) | Goi (Santa María Madanela) | Masoucos (Santiago) | A Meda (Santiago) | Miranda (Santiago) | Mirandela (Santo André) | Monte (Santa María) | Montecubeiro (San Cibrao) | Moreira (Santa María) | Paderne (Santo Estevo) | Páramo (San Miguel) | Pena (Santa María Madanela) | Pereiramá (San Xulián) | A Pumarega (Santa Mariña) | Rebordaos (San Xurxo) | Recesende (San Cibrao) | Riomol (San Pedro) | San Miguel do Camiño (San Miguel) | Serés (San Pedro) | Souto de Torres (San Tomé) | Soutomerille (San Salvador) | Tórdea (San Tomé) | Uriz (Santa María) | Vilabade (Santa María) | Vilalle (San Pedro) | Vilariño (Santiago)

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2023) "Castroverde".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  4. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  5. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google 

Véxase tamén

Ligazóns externas