Saltar ao contido

Austricusa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 15 de xuño de 2015 ás 12:36 por Banjo (conversa | contribucións) (ref)

Austricusa ou Ostrogoda foi unha raíña longobarda do século VI, filla dun rei xépido descoñecido. Converteuse na segunda esposa do rei Wacho (510|539) e foi nai das princesas Visigarda, que se había casar con Teodeberto I de Austrasia (533 -548), e Valderada, que se había casar con Teodebaldo da Austrasia (547/548 - 555) e despois con Garibaldo I de Baviera (555 - 591)[1].

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Martindale, John Robert; Arnold Hugh Martin Jones; J. Morris (1992). Cambridge University Press, ed. The Prosopography of the Later Roman Empire, Volume III: A.D. 527–641 (en inglés). Cambridge. ISBN 978-0-521-20160-5.  A referencia usa o parámetro obsoleto |coautores= (Axuda)