Saltar ao contido

Subida a Chantada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 20 de xullo de 2015 ás 15:50 por Loischantada (conversa | contribucións) (Datos 2014 e arranxos)
Tramo da proba na edición de 2012.

A Subida a Chantada é unha proba automobilística que se disputa anualmente na ribeira sacra chantadina. Xeralmente celebrase o derradeiro fin de semana de xullo e está organizada pola Escudería Chantada. Puntúa para o Campionato de Galego de Montaña en en varias edicións tamén o fixo para Campionato de España de Montaña e o Campionato de Europa de Montaña.

Percorrido

A saída situase sobre unha ponte sobre o río Miño en Belesar. Transcorre por dúas zonas ben diferenciadas, un primeiro tramo da estrada LU-617 estreita e lenta, que combina diferentes tipos curvas e na famosa "curva dos cipreses" enlaza coa estrada LU-533. Esta segunda parte é un trazado moito mais rápido alcanzando maiores velocidades. Un circuíto rodeado de viñedos que remata preto da vila de Chantada.

O tramo ten unha lonxitude de 4,1 quilómetros de distancia, un desnivel de 250 metros e unha pendente media do 7,5%.

Programa

A proba realizase en fin de semana, o sábado dende as 09.00 fanse as verificacións administrativas e técnicas. Ás 09.30 horas ábrese o parque pechado na Casa da Cultura. Ás 14.00 horas publícase a lista dos pilotos autorizados a tomar a saída e posteriormente faise a presentación dos pilotos. A saída da primeira manga é as 15.30.

O domingo ás 08.30 horas faise a presentación dos pilotos, e ás 09.30 horas comeza a saída da segunda manga. Pola tarde, ás 16.15 horas, publícanse os resultados e a continuación a faise a entrega de premios e trofeos. No 2015 este acto celebrase no novo Auditorio de Chantada.

Récord da proba

En 1998 o piloto Andrés Vilariño con un Osella PA-20 acadou un tempo de 1'46'074.

Edición 2015

A edición do 2015 celebrouse os días 18 e 19 de xullo. Este ano tamén foi puntuable para a Copa Stark Box, que se corre sobre os Seat Marbella. Os resultados [1] dos 3 primeiros clasificados son:

Posto Piloto Automóbil Tempo
José Antonio López Fombona Audi Quattro DTM 3:47.955
Jacobo Sobral Iglesias SILVER CAR S2 3:54.985
Alexis Vieitez Losada FORMULA OUTEDA 3:56.795

Edición 2014

A edición do 2014 celebrouse os días 19 e 20 de xullo. Os resultados [2] dos 3 primeiros clasificados son:

Posto Piloto Automóbil Tempo
José Antonio López Fombona Audi Quattro DTM 3:54.395
Jacobo Sobral Iglesias SILVER CAR S2 3:58.108
Jose A. Varela Juan Osella PA 20 /S 3:59.899


Palmarés[3]

Ano Edición Piloto Automóbil
2015 42 Subida a Chantada José Antonio López Fombona Audi Quattro DTM
2014 41 Subida a Chantada José Antonio López Fombona Audi Quattro DTM
2013 40 Subida a Chantada Cesar Rodríguez T Castor TC3/C
2012 39 Subida a Chantada Antonio Varela Juan Osella PA 20/S
2011 38 Subida a Chantada Cristobal Serantes García Formula Ralt RT-34
2010 37 Subida a Chantada Cristobal Serantes García Formula Ralt RT-34
2009 36 Subida a Chantada José Antonio López Fombona Audi A4 ST
2008 35 Subida a Chantada José Antonio López Fombona Audi A4 ST
2007 34 Subida a Chantada Oscar Palacios Arias Osella PA-20 S
2006 33 Subida a Chantada Víctor Abraham Gutierrez Osella PA-20 S
2005 32 Subida a Chantada Víctor Abraham Gutierrez RALT Honda Fórmula
2004 31 Subida a Chantada Cristóbal Serantes Formula Leiro Sport
2003 30 Subida a Chantada Vivencio Padín RALT BMW
2002 29 Subida a Chantada Andrés Vilariño Formula Reynard
2001 28 Subida a Chantada Andrés Vilariño Osella PA-20
2000 27 Subida a Chantada Andrés Vilariño Osella PA-20
1999 26 Subida a Chantada Andrés Vilariño Osella PA-20
1998 25 Subida a Chantada Andrés Vilariño Osella PA-20
1997 24 Subida a Chantada Aitor Zabaleta Lola BMW 2000
1996 23 Subida a Chantada Aitor Zabaleta Lola BMW 2000
1995 22 Subida a Chantada Aitor Zabaleta Lola BMW 2000

Notas

  1. http://www.temposfga.eu/ (ed.). "Clasificación final OFICIAL 2015" (PDF). Consultado o 20 de xullo de 2015. 
  2. http://www.temposfga.eu/ (ed.). "Clasificación final OFICIAL 2014" (PDF). Consultado o 20 de xullo de 2015. 
  3. Palmarés da Subida a Chantada

Véxase tamén

Ligazóns externas