Saltar ao contido

Ed Davis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 16 de marzo de 2016 ás 00:09 por BanjoBot 2.0 (conversa | contribucións) (Bot: Engado {{Control de autoridades}})

Modelo:Xogador da NBA Edward Adam "Ed" Davis, nado o 5 de xuño de 1989 en Washington, D.C., é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga nos Portland Trail Blazers da National Basketball Association (NBA). Xogou para a Universidade de Carolina do Norte antes de converterse en xogador profesional.

Traxectoria deportiva

Davis foi elixido na 13ª posición do Draft da NBA de 2010 polos Toronto Raptors. O 6 de xullo de 2010, asinou o seu contrato cos Raptors.[1] Tras un mes en Toronto, Davis foi enviado á NBA D-League, aos Erie Bayhawks. O 29 de novembrode 2010, Davis foi chamado polos Raptors tras facer 10 puntos, 5 rebotes e 3 tapóns por partido, despois de que o ala-pivote dos Raptors Reggie Evans se mancara o pé esquerdo. O 1 de decembro de 2010, fixo o seu debut na NBA con 11 puntos, 6 rebotes e 2 tapóns.

O 30 de xaneiro de 2013, Davis foi traspasado ós Memphis Grizzlies xunto a Tayshaun Prince e Austin Daye dos Detroit Pistons, nun traspaso entre tres equipos que mandou ademais ó seu compañeiro José Calderón ós Pistons, e a Rudy Gay e Hamed Haddadi dos Grizzlies ós Raptors.[2]

O 23 de xullo de 2014, Davis asinou cos Los Angeles Lakers.[3]

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas