Saltar ao contido

Jenna McDougall

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 8 de decembro de 2016 ás 12:26 por RubenWGA (conversa | contribucións) (Engado Modelo:Artista musical)

Modelo:Artista musicalJenna Rachael McDougall, nada en Sidney, Australia o 1 de xuño de 1992 e mellor coñecida como Jenna McDougall, é unha cantante e compositora australiana. É a vocalista da banda pop punk Tonight Alive, formada en 2008. Até a data lanzaron dous álbums de estudo; What Are You So Scared Of? (2011) e The Other Side (2013), así como tres EP.

Infancia e adolescencia

Jenna Rachael McDougall naceu en Sídney, Australia. Ten dúas irmás menores. Durante a súa adolescencia, realizou pequenos shows para a súa familia. Tamén tocou varios instrumentos mentres que estaba na escola secundaria e cantou no coro da mesma, o que aumentou o seu interese na música.[1] Antes de entrar en Tonight Alive, actuou en shows acústicos na súa cidade natal. Sofre de eccema e estivo pelexando coa enfermidade toda a súa vida, chegando a un punto crítico en 2012, cando a banda viuse forzada a cancelar varios shows e un tour na primavera dese ano. Esta experiencia é narrada na canción The Ocean, primeiro single e primeiro track de The Other Side.[2][3]

Carreira con Tonight Alive

Cando Jenna entrou á banda, esta só estaba integrada por Jake Hardy (guitarra rítmica), Whakaio Taahi (guitarra líder) e Cameron Adler (baixo), polo que necesitaban un vocalista e un batería que se comprometese coa mesma. Mentres ela tocaba os seus shows acústicos, pediulle a Adler que a axudase cos seus demos. Como agradecemento, McDougall gravou a súa voz nunha pista de Tonight Alive, despois de saber que a banda non tiña vocalista. Pouco despois converteuse na vocalista permanente, tendo a primeira práctica en maio de 2008. É o membro máis novo da banda e aínda estaba na escola secundaria cando gravaron o seu primeiro EP.

En 2011, lanzaron o seu primeiro álbum de estudo, What Are You So Scared Of?. Este recibiu boas críticas de parte dos expertos, que tamén destacaron o talento vocal de McDougall, debido á súa versatilidade.[4] O álbum foi relanzado en Estados Unidos a través de Fearless Records en febreiro de 2012.

A principios de 2013, lanzaron un novo single chamado Breakdown, o cal contaba coa colaboración de Benji Madden, guitarrista de Good Charlotte. O seu segundo álbum de estudo The Other Side foi moi ben recibido pola crítica, sendo seleccionado como un dos álbums do ano pola revista de rock inglesa Kerrang!.[5]

Influencias musicais

McDougall dixo que algunhas das súas influencias e as da banda son bandas que tocaron no Warped Tour, como Blink 182, Yellowcard, Fall Out Boy e Pierce The Veil. En canto ás súas influencias persoais, ela goza da música de Led Zeppelin, Missy Higgins, Avril Lavigne, Hole, Letters to Cleo, Bob Marley, Alanis Morissette, Bon Iver, Jimi Hendrix, Rage Against the Machine, Rufio, The Script, Jimmy Eat World, Thrice e The Starting Line.[6]

Discografía

Con Tonight Alive

Discos de estudo

Ano Álbum
2011 What Are You So Scared Of?
Ano Álbum
2013 The Other Side

EP

Ano Álbum
2010 All Shapes and Disguises EP
2010 Let it Land EP

Vinilo

Ano Álbum
2010 Consider This EP

Sinxelos

Ano Título Álbum
2011 Starlight What Are You So Scared Of?
2011 Let It Land What Are You So Scared Of?

Vídeos

Ano Título Álbum
2010 "Wasting Away" Consider This EP
2010 "Breaking & Entering" What Are You So Scared Of?
2011 "Starlight" What Are You So Scared Of?
2011 "Let It Land"[7] Let It Land EP
2012 “Listening”[8] What Are You So Scared Of?
2013 “Breakdown” /
2013 “The Ocean” The Other Side
2013 “Lonely Girl” The Other Side
2013 “Come Home” The Other Side
2014 “The Edge” The Amazing Spider-Man 2 Orixinal Soundtrack

Referencias