Saltar ao contido

Soiuz TM-21

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 3 de decembro de 2017 ás 16:38 por Xosema (conversa | contribucións) (Novo artigo)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Soyuz TM-21
Parche da misión Soyuz TM-21.
TipoTripulada
Data de lanzamento14 de marzo de 1995, 6:11 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorSoyuz U2[2][5]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Baikonur[2][6]
Duración da misión181,03 días[6]
Obxectivo da misiónAcoplamento coa Mir.[2][6]
Regreso11 de setembro de 1995, 6:52 GMT[1][6]
NSSDC ID1994-063A
Masa7150,0 kg[2][5][6]

Soyuz TM-21 foi unha misión espacial tripulada rusa lanzada o 14 de marzo de 1995 mediante un foguete Soyuz U2 desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][5]

Características

Soyuz TM-21, unha Soyuz modelo TM cos cosmonautas Vladimir Dezhurov, Gennadi Strekalov e Norman Thagard (o primeiro estadounidense en viaxar nunha Soyuz) a bordo, foi unha misión lanzada para acoplarse coa estación espacial Mir, facer experimentos científicos e manter a estación.[2][3][4][5]

A misión coincidiu co acoplamento do transbordador espacial Atlantis á Mir. Coa chegada da Soyuz TM-21 a poboación conxunta da Mir e do transbordador chegou aos 13 habitantes, a maior reunión de xente no espazo por primeira vez na historia: Dezhurov, Strekalov, Thagard na Soyuz; Viktorenko, Kondakova e Polyakov na Mir; e Oswald, Gregory, Lawrence, Jernigan, Grunsfeld, Parise e Durrance no Atlantis.[2][3][4][5]

A Soyuz regresou a terra o 11 de setembro de 1995 ás 6:52 GMT, tocando terra a uns 108 km ao nordeste de Arkalyk (Casaquistán).[2][3][4][5]

Véxase tamén

Outros artigos

Notas

  1. 1,0 1,1 N2YO (2017). Real Time Satellite Tracking, ed. "SOYUZ-TM 21" (en inglés). Consultado o 3 de decembro de 2017. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 NASA (21 de marzo de 2017). "Soyuz-TM 21" (en inglés). Consultado o 3 de decembro de 2017. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 "Note verbale dated 30 June 1995 from the Permanent Mission of the Russian Federation to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (95-56146T). 20 de xullo de 1995: 3. Consultado o 3 de decembro de 2017. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Claude Lafleur (2017). "Soyuz TM-21" (en inglés). Consultado o 3 de decembro de 2017. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Gunter Dirk Krebs (2017). Gunter's Space Page, ed. "Soyuz-TM 1 - 15, 17 - 34 (7K-STM, 11F732A51)" (en inglés). Consultado o 3 de decembro de 2017. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Mark Wade (2017). "Soyuz TM-21" (en inglés). Consultado o 3 de decembro de 2017.