Saltar ao contido

Rafael Sisto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 30 de agosto de 2018 ás 23:47 por InternetArchiveBot (conversa | contribucións) (Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8))

Modelo:Político Rafael Carlos Sisto Edreira, nado Luou (Teo) o 30 de xaneiro de 1963, é un político galego. Actualmente é o alcalde de Teo, pola formación Son de Teo-Anova.

Traxectoria

Licenciado en Ciencias Químicas e doutorado en Ciencias da Educación pola Universidade de Santiago de Compostela. É profesor de Ensinanza Secundaria. Foi concelleiro en Teo. Nas eleccións municipais de 2015 encabezou a candidatura de Son de Teo-ANOVA e foi elixido alcalde. É membro da Coordinadora Nacional de Anova-Irmandade Nacionalista[1]. Actualmente, ademais da Alcaldía tamén é o responsable da Área de goberno de Persoal, Economía e Facenda, Saneamento e Abastecemento. Medio Natural e Lingua do Concello.[2]


Predecesor:
Martiño Noriega Sánchez
 
Alcalde de Teo
 
2015 - actualidade
Sucesor:
no cargo

Notas

Véxase tamén

Outros artigos