Jokerit
Jokerit | |
---|---|
Fundación | 1967 |
Cidade | Helsinqui, Uusimaa Finlandia |
Estadio | Hartwall-areena (13.349 espectadores) |
Liga | Kontinental Hockey League (2014-) |
Conferencia | Oeste |
Campionatos | 5 (SM-liiga) |
Propietario(s) | Hjallis Harkimo Arena Events Oy |
Director | Jukka Kohonen |
Adestrador | Erkka Westerlund[1] |
Cores | Azul, vermello, amarelo e branco |
Na rede | |
http://www.jokerit.com/ | |
O Helsingin Jokerit, ou sinxelamente Jokerit, é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Helsinqui, Uusimaa (Finlandia). Competiu de xeito ininterrompido na SM-liiga, máxima categoría do hóckey sobre xeo finlandés dende 1989 ata 2014, competición que gañou en seis ocasións (cinco dende que adoptou a denominación actual). Dende 2014 xoga na Kontinental Hockey League (KHL), converténdose no primeiro equipo nórdico en disputar a competición.[2] Xoga os seus partidos como local no Hartwall-areena, pavillón con capacidade para 13.349 espectadores.
Historia
Fundación
O Jokerit de Helsinqui foi fundado o 10 de outubro de 1967, cando se celebrou a xunta constitutiva do club na que o empresario da construción Aimo Mäkinen e os pintores Eino Syrjänen e Reino Vilen asinaron a carta fundación. O novo equipo naceu sobre a base do Töölön Vesa, un club polideportivo que xa existía na capital finlandesa que debido ás dificultades económicas tivo que suprimir a súa sección de hóckey sobre xeo. Segundo as mesmas novas, Mäkinen asumiu a débeda do antiog club e todos os xogadores do Vesa, liderados polo xogador estrela Timo Turunen foron traspasados ao Jokerit.[3]
O público en xeral non coñeceu a nova da fundación do novo equipo ata o 6 de novembro dese mesmo ano, cando o xornal en lingua sueca Nya Pressen publicou a primeira noticia sobre o novo equipo de hóckey sobre xeo. Segundo Seppo Aalto, quen escribiu a historia do club, é algo irónico que as novas sobre Jokerit apareceran precisamente ese día, o "día de Suecia" nun xornal en sueco, xa que o tema lingüístico ten sido motivo de controversia no hóckey sobre xeo da capital finlandesa.[3]
Nova etapa na KHL
O 28 de xuño de 2013, Harry Harkimo convocou unha rolda de prensa na que comunicou que vendera o Hartwall Areena, o pavillón onde o equipo xoga os seus partidos como local, ao empresario ruso-finlandés Gennady Timchenko (presidente do SKA San Petersburgo), Arkady Rotenberg (presidente do HC Dynamo Moscova) e Boris Rotenberg (copropietario do SKA), xunto cunha opción para comprar unha parte do equipo logo da tempada 2013-14 .[4] Timchenko, xunto cos Rotenberg, teñen dobre nacionalidade rusa e finlandesa. Tamén anunciouse que o club deixaría a SM-liiga despois da tempada 2013-14 e comezaría a tempada 2014-15 da Kontinental Hockey League (KHL).[5][6] Harkimo seguiría a ser o propietario maioritario e xerente do equipo,[7] mentres que Jari Kurri foi nomeado novo director xeral.[8]
Deste xeito, o Jokerit convertíase no 29º equipo da KHL,[9] e deixaba a máxima competición finlandesa no medio das protestas da liga e mesmo de sectores dos seus propios seareiros.[10] A nova da marcha do club á KHL provocou tamén o descontento nos demais clubs da SM-liiga, e mesmo algúns ameazaron ao Jokerit con impedirlle participar na tempada 2013-14 se se unía á KHL, xa que a marcha do equipo de Helsinqui comportaría para os demais clubs numerosas perdas de ingresos por entradas e dereitos de televisión. Finalmente especulouse con que o Jokerit debería pagar aos outros clubs da SM-liiga 5 millóns de Euros como compensación, se ben os termos finais do acordo non foron revelados.[11]
Pavillóns
- Artigo principal: Hartwall Arena.
Jokerit xogou os seus partidos como local no Helsingin jäähalli entre 1967 e 1997, este pavillón encóntrase en Nordenskiöldinkatu, no barrio de Taka-Töölö.[12][13]
Dende 1997 o pavillón do Jokerit e Hartwall Arena, localizado no distrito de Keski-Pasila.[12] O pavillón foi remodelado en 2006 e ten unha capacidade para 13.349 espectadores.[14]
Datos de asistencia
Dende que se trasladou ao Artwall Areena, o Jokerit conta coa asistencia media máis alta de toda a SM-liiga, chegando na mellor tempada a unha media de 12.232 espectadores por partido para un pavillón con capacidade para 13.665 espectadores na tempada 1997-98. Dende o último título ligueiro conseguido polo equipo en 2002, a media de asistencia ao pavillón foi diminuindo (con lixeiros ascensos respecto á tempada precedente en 2005 e 2007) ata chegar á media máis baixa dende que o equipo abandonara o Helsingin jäähalli en 1997 con 8.295 espectadores por partido en 2010, dende aquela a asistencia non parou de medrar, situandose por riba dos 9.000 espectadores por partido nas dúas últimas tempadas.[15]
Personalidades
Xogadores
Equipo actual
Capitáns
Os diferentes xogadores que teñen sido capitáns do equipo ao longo da súa historia son:[16]
|
|
Números retirados
Adestradores
Dende 2016 o adestrador do equipo é Jukka Jalonen, que asinou un contrato que o vincula ao equipo de Helsinqui ata o ano 2018.[17] O Jokerit tivo os seguintes adestradores ao longo da súa historia:[18]
|
Salóns da fama
- Membros do Hockey Hall of Fame
Un único xogador do Jokerit foi introducido no Hockey Hall of Fame ata 2016, trátase de Jari Pekka Kurri,[19] que foi introducido en 2001 logo de xogar 17 tempadas na National Hockey League nas que se converteu no máximo anotador nado en Europa con 601 goles, 797 asistencias, e 1.398 puntos.[20][21]
- Suomen Jääkiekkoleijonista
Dende que se creou o "Salón da Fama" do hóckey sobre xeo finlandés en 1985 (os denominados Suomen Jääkiekkoleijonista ou Leóns do Hóckey sobre Xeo Finlandés en galego), 31 xogadores que defenderon a camisola de Jokerit foron introducidos:[22]
|
Palmarés
- 6 SM-liiga: 1973, 1992, 1994, 1996, 1997 e 2002
- 2 Copas de Europa: 1995 e 1996
- 1 Copa Continental: 2003
Notas
- ↑ [1]
- ↑ Jussi Konttinen (28.6.2013). "Liikemies Moskovan lentokentältä HS:lle: Jokerit KHL:ään ensi vuonna". Helsingin Sanomat.
- ↑ 3,0 3,1 jokerit.com (ed.). "Jokerit information in English" (en inglés). Consultado o 10 de setembro de 2014.
- ↑ jokerit.com, ed. (28 de xuño de 2013). "KHL" (en finlandés). Consultado o 10 de setembro de 2014.
- ↑ Bloomberg, ed. (28 de xuño de 2013). "Putin Allies Buy Finnish Hockey Team to Play for Russian Title" (en inglés). Consultado o 10 de setembro de 2014.
- ↑ IIHF, ed. (28 de xuño de 2014). "Jokerit to join KHL in 2014" (en inglés). Consultado o 10 de setembro de 2014.
- ↑ The Globe and Mail (ed.). "Joketrit to play in KHL in 2014-15".
- ↑ SM-liiga, ed. (3 de outubro de 2014). "Jari Kurri ja Janne Vuorinen Jokerien organisaatioon" (en finlandés). Consultado o 10 de setembro de 2014.
- ↑ Tamén se converteou no primeiro equipo dun país nórdico en participar na competición euroasiática, e no primeiro equipo dun país que non pertencera a un réxime comunista.
- ↑ eurohockey.com, ed. (8 de novembro de 2013). "KHL adds 29th team" (en inglés). Consultado o 10 de setembro de 2014.
- ↑ eurohockey.com, ed. (30 de xullo de 2013). "SM-liiga allows Jokerit to play" (en inglés). Consultado o 10 de setembro de 2014.
- ↑ 12,0 12,1 "Helsingin kaupungin paikkatietopalvelu" (en finés). Cidade de Helsingin. Arquivado dende o orixinal o 17 de xuño de 2013. Consultado o 24 de xuño de 2013.
- ↑ "Main page". www.helsinginjaahalli.fi (en finés). Arquivado dende o orixinal o 10 de xullo de 2018. Consultado o 10 de xullo de 2018.
- ↑ "Areenafaktaa" (en finés). Hartwall-areena. Arquivado dende o orixinal o 01 de febreiro de 2008. Consultado o 23 de agosto de 2017.
- ↑ Datos de asistencia en www.hockeyarenas.net
- ↑ jokerit.com (ed.). "Kapteenit" (en finlandés). Consultado o 10 de setembro de 2014.
- ↑ "JALONEN PÄÄVALMENTAJAKSI KAUSILLE 2016-18" (en finés). Jokerit. 3 de setembro de 2015. Consultado o 6 de xuño de 2016.
- ↑ jokerit.com (ed.). "Valmentajat" (en finlandés). Consultado o 6 de xuño de 2016.
- ↑ "Players. Team. Jokerit Helsinki". Legends of Hockey (en inglés). Hockey Hall of Fame. Consultado o 5 de xuño de 2016.
- ↑ "Players. Jari Kurri". Legends of Hockey (en inglés). Hockey Hall of Fame. 5 de xuño de 2016.
- ↑ "Jari Kurri. Biography". Legends of Hockey (en inglés). Hockey Hall of Fame. 5 de xuño de 2016.
- ↑ "ICE HOCKEY LIONS" (en inglés). Jokerit. Consultado o 6 de xuño de 2016.
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Jokerit |
Ligazóns externas
- Sitio web oficial do Jokerit (en finés) (en inglés) (en ruso)
- Sitio dos seareiros do Jokerit (en finés)
- Old Chiefs (en finés)
- Canle do Jokerit en YouTube