Saltar ao contido

Espiráculo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 12 de xaneiro de 2019 ás 18:19 por Estevoaei (conversa | contribucións) (retiro iwa)
Espiráculo duplo dunha balea azul (Balaenoptera musculus).
Imaxe sinalando os espiráculos dunha eiruga de bolboreta (Actias selene).

O espiráculoDefinicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para espiráculo. (do latín spiraculum, "respiradeiro"), é o orificio respiratorio que moitos animais, terrestres e especialmente acuáticos, teñen como contacto do aire (ou a auga) e o seu sistema respiratorio interno.

Características

Todos os animais con espiráculo teñen en común o feito de que a localización deste é na parte superior do corpo, xeralmente detrás dos ollos.

No caso dos mamíferos mariños, o espiráculo conduce o aire que respiran cara aos pulmóns. O orificio é controlado polo animal, con capacidade para se abrir ou pechar a fin de conter a respiración baixo a auga. Cetáceos como os golfiños teñen un espiráculo único e outros como a balea azul teñen un espiráculo duplo.

Cando os cetáceos saen á superficie da auga para respiraren, expulsan con forza o aire almacenado nos seus pulmóns a través do orificio nasal. Ademais de aire, expulsan moco e nitróxeno formado no seu metabolismo.[1]

Outros animais mariños, como os tiburóns, teñen espiráculo para conducir a auga cara ás súas branquias (para despois "exhalala" polas galadas), e xeralmente téñeno permanentemente aberto.

Tamén se chama espiráculo o orificio respiratorio no exoesqueleto dos insectos e algúns arácnidos, que comunica o exterior coas traqueas, así como ao orificio respiratorio das larvas dos anfibios ou cágados.

Notas