Saltar ao contido

Monosemia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 5 de abril de 2019 ás 09:38 por Tulsi (conversa | contribucións) (Reverted to revision 5108532 by Tulsi Bhagat (talk). (SWMT))
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)

A monosemia é unha circunstancia semántica que se dá cando unha palabra ou expresión lingüística só ten un significado (ou contido ou acepción). A monosemia pura, igual que a sinonimia pura, dáse en casos extremadamente particulares, debido a que as propias características da significación e o uso das linguas fan uso da polisemia como mecanismo que permite a economía da linguaxe. Malia isto, unha estimación para o galego en base ó primeiro 20 % do Gran Diccionario Xerais da Lingua (2000) indica que hai unha media de algo menos de 1,8 acepcións/palabra.

Na terminoloxía, a monosemia é unha esixencia da propia aplicación do traballo terminolóxico, pois o uso do corpus terminolóxico non pode dar lugar a erros nin ambigüidades.