Saltar ao contido

Tiburos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 2 de xuño de 2020 ás 15:48 por Breogan2008 (conversa | contribucións)
Localización aproximada do pobo dos Tiburi ou Tiburos na provincia romana da Gallaecia.

Os tiburos ou tiburi eran un pobo astur da Gallaecia, que se identifican co topónimo actual de Trives, na que hoxe é provincia de Ourense.

Fontes

Plinio o Vello cita os tiburi entre as civitates que formaban parte do Convento xurídico asturicense, indicando que a súa capital é Nemetobriga, esta reducida, desde o século XVIII, co actual lugar de Mendoia, sito no concello da Pobra de Trives.

O lingüista Abelardo Moralejo Laso, demostrou filoloxicamente a evolución desde Nemetobriga até orixinar Mendoia

Durante o século VI o Parochiale suevorum cita o mesmo pobo como Teporos.