Saltar ao contido

Ácido lipoteicoico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 10 de xuño de 2020 ás 22:18 por Miguelferig (conversa | contribucións)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)

O ácido lipoteicoico é un dos principais compoñentes da parede celular das bacterias grampositivas. A súa estrutura é variable segundo a especies de bacteria e pode conter cadeas longas de ribitol ou de fosfato de glicerol. O ácido lipoteicoico está ancorado á membrana celular a través do diacilglicerol.[1] Actúa como regulador dos enzimas autolíticos da parede (muramidase). Ten propiedades antixénicas e pode estimular a resposta inmune.

Estrutura dos polímeros do ácido lipoteicoico

O ácido lipoteicoico é o mesmo polímero que o ácido teicoico, pero nun extremo está unido ao fosfato dun fosfolípido. Esa parte lipídica está inserida na bicapa lipídica da membrana plasmática.

A función do ácido lipoteicoico é regular ou modular a biosíntese da mureína.

O ácido lipoteicoico pode ser considerado un factor de virulencia.[2]

  1. KP Talaro Foundations in Microbiology, McGraw Hill, 6a. Ed.
  2. Elias A. Said et al. 2009, PD-1 Induced IL10 Production by Monocytes Impairs T-cell Activation in a Reversible Fashion. Nature Medicine. 2010; 452-9.