Saltar ao contido

Jokerit

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 24 de setembro de 2021 ás 05:49 por InternetArchiveBot (conversa | contribucións) (Recuperando 1 fontes e etiquetando 1 como mortas.) #IABot (v2.0.8.1)
Jokerit
Fundación1967
Cidade Helsinqui,
Uusimaa
Finlandia Finlandia
EstadioHartwall-areena
(13.349 espectadores)
LigaKontinental Hockey League (2014-)
ConferenciaOeste
Campionatos5 (SM-liiga)
Propietario(s)Finlandia Hjallis Harkimo
Arena Events Oy
DirectorFinlandia Jukka Kohonen
AdestradorFinlandia Erkka Westerlund[1]
CoresAzul, vermello, amarelo e branco
                       
Na rede
http://www.jokerit.com/
Facebook: helsinginjokerit Twitter: jokerithc Instagram: jokerithc Youtube: UC8ZqglB5hpQ9kuQI1-5mxwA Editar o valor en Wikidata

O Helsingin Jokerit, ou sinxelamente Jokerit, é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Helsinqui, Uusimaa (Finlandia). Competiu de xeito ininterrompido na SM-liiga, máxima categoría do hóckey sobre xeo finlandés dende 1989 ata 2014, competición que gañou en seis ocasións (cinco dende que adoptou a denominación actual). Dende 2014 xoga na Kontinental Hockey League (KHL), converténdose no primeiro equipo nórdico en disputar a competición.[2] Xoga os seus partidos como local no Hartwall-areena, pavillón con capacidade para 13.349 espectadores.

Historia

Fundación

Os xogadores da sección de hóckey sobre veo do Töölön Vesa Veikko Haapakoski, Pentti Simola e Kai Halimo no período 1955-1964.

O Jokerit de Helsinqui foi fundado o 10 de outubro de 1967, cando se celebrou a xunta constitutiva do club na que o empresario da construción Aimo Mäkinen e os pintores Eino Syrjänen e Reino Vilen asinaron a carta fundación. O novo equipo naceu sobre a base do Töölön Vesa, un club polideportivo que xa existía na capital finlandesa que debido ás dificultades económicas tivo que suprimir a súa sección de hóckey sobre xeo. Segundo as mesmas novas, Mäkinen asumiu a débeda do antiog club e todos os xogadores do Vesa, liderados polo xogador estrela Timo Turunen foron traspasados ao Jokerit.[3]

O público en xeral non coñeceu a nova da fundación do novo equipo ata o 6 de novembro dese mesmo ano, cando o xornal en lingua sueca Nya Pressen publicou a primeira noticia sobre o novo equipo de hóckey sobre xeo. Segundo Seppo Aalto, quen escribiu a historia do club, é algo irónico que as novas sobre Jokerit apareceran precisamente ese día, o "día de Suecia" nun xornal en sueco, xa que o tema lingüístico ten sido motivo de controversia no hóckey sobre xeo da capital finlandesa.[3]

Nova etapa na KHL

O 28 de xuño de 2013, Harry Harkimo convocou unha rolda de prensa na que comunicou que vendera o Hartwall Areena, o pavillón onde o equipo xoga os seus partidos como local, ao empresario ruso-finlandés Gennady Timchenko (presidente do SKA San Petersburgo), Arkady Rotenberg (presidente do HC Dynamo Moscova) e Boris Rotenberg (copropietario do SKA), xunto cunha opción para comprar unha parte do equipo logo da tempada 2013-14 .[4] Timchenko, xunto cos Rotenberg, teñen dobre nacionalidade rusa e finlandesa. Tamén anunciouse que o club deixaría a SM-liiga despois da tempada 2013-14 e comezaría a tempada 2014-15 da Kontinental Hockey League (KHL).[5][6] Harkimo seguiría a ser o propietario maioritario e xerente do equipo,[7] mentres que Jari Kurri foi nomeado novo director xeral.[8]

Deste xeito, o Jokerit convertíase no 29º equipo da KHL,[9] e deixaba a máxima competición finlandesa no medio das protestas da liga e mesmo de sectores dos seus propios seareiros.[10] A nova da marcha do club á KHL provocou tamén o descontento nos demais clubs da SM-liiga, e mesmo algúns ameazaron ao Jokerit con impedirlle participar na tempada 2013-14 se se unía á KHL, xa que a marcha do equipo de Helsinqui comportaría para os demais clubs numerosas perdas de ingresos por entradas e dereitos de televisión. Finalmente especulouse con que o Jokerit debería pagar aos outros clubs da SM-liiga 5 millóns de Euros como compensación, se ben os termos finais do acordo non foron revelados.[11]

Pavillóns

Artigo principal: Hartwall Arena.
O Hartwall Arena durante un partido entre Jokerit e Dinamo Riga en 2018.

Jokerit xogou os seus partidos como local no Helsingin jäähalli entre 1967 e 1997, este pavillón encóntrase en Nordenskiöldinkatu, no barrio de Taka-Töölö.[12][13]

Dende 1997 o pavillón do Jokerit e Hartwall Arena, localizado no distrito de Keski-Pasila.[12] O pavillón foi remodelado en 2006 e ten unha capacidade para 13.349 espectadores.[14]

Datos de asistencia

Dende que se trasladou ao Artwall Areena, o Jokerit conta coa asistencia media máis alta de toda a SM-liiga, chegando na mellor tempada a unha media de 12.232 espectadores por partido para un pavillón con capacidade para 13.665 espectadores na tempada 1997-98. Dende o último título ligueiro conseguido polo equipo en 2002, a media de asistencia ao pavillón foi diminuindo (con lixeiros ascensos respecto á tempada precedente en 2005 e 2007) ata chegar á media máis baixa dende que o equipo abandonara o Helsingin jäähalli en 1997 con 8.295 espectadores por partido en 2010, dende aquela a asistencia non parou de medrar, situandose por riba dos 9.000 espectadores por partido nas dúas últimas tempadas.[15]

Ano Asistencia media Clasificación en liga regular Clasificación final
2002 9.662 3 1
2003 9.581 2 4
2004 9.093 7 7
2005 9.636 2 2
2006 8.734 11 11
2007 8.928 2 2
2008 8.591 3 4
2009 8.456 4
2010 8.295 10 10
2011 8.490 6 7
2012 9.173 6 3
2013 9.828 1 5
2014 9.252 7 9

Personalidades

Xogadores

Equipo actual

Capitáns

Ossi Väänänen, capitán do equipo entre 2010 e 2014.

Os diferentes xogadores que teñen sido capitáns do equipo ao longo da súa historia son:[16]

Capitáns de 1967 a 1987
Nome(s) Período
Osmo Kuusisto 1967 a 1969
Erkki Mononen 1969 a 1971
Timo Turunen 1971-1976
Pentti Hiiros 1976 a 1977
Pentti Hiiros, Timo Turunen, Ari Mäkinen 1977-1978
Jari Kapanen 1978 a 1979
Jari Kapanen, Henry Leppä 1979-1980
Henry Leppä 1980 a 1981
Jussi Lepistö 1981 a 1982
Risto Kerminen 1982-1984
Markus Lehto 1984 a 1985
Jari Lindroos 1985 a 1986
Jari Lindroos, Jussi Lepistö 1986 a 1987
Jarmo Koskinen 1987-1989
Anssi Melametsä 1989 a 1991
Waltteri Immonen 1991 a 1999
Capitáns dende 1987
Nome(s) Período
Antti-Jussi Niemi 1999 a 2000
Ville Peltonen 2001 a 2002
Antti Törmänen 2002
Ville Peltonen 2002 a 2003
Sami Helenius 2003-2004
Juha Lind 2004-2005
Petri Varis 2005
Marko Jantunen 2005
Petri Varis 2006-2009
Antti-Jussi Niemi 2009-2010
Ossi Väänänen 2010-2014
Niko Kapanen dende 2014

Números retirados

Adestradores

Jukka Jalonen, adestrador do equipo dende 2016.

Dende 2016 o adestrador do equipo é Jukka Jalonen, que asinou un contrato que o vincula ao equipo de Helsinqui ata o ano 2018.[17] O Jokerit tivo os seguintes adestradores ao longo da súa historia:[18]

Lista de adestradores do equipo
Nome(s) Período
Jorma Salmi 1967–1968
Martti Sarlin, Jorma Kyntölä 1968–1969
Aulis Hirvonen 1969–1970
Matti Lampainen 1970–1973
Rauli Virtanen, Matti Lampainen 1973–1974
Boris Maiorov 1974–1976
Jorma Borgström 1976–1977
Jorma Borgström, Pentti Katainen, Timo Turunen 1977–1978
Matti Väisänen 1978–1980
Olli J. Hietanen 1980–1982
Reino Ruotsalainen 1982–1985
Matti Väisänen 1985–1987
Henry Leppä 1987–1988
Kari Mäkinen 1988–1990
Kari Mäkinen, Boris Maiorov 1990–1991
Boris Maiorov 1991–1993
Alpo Suhonen, Leo Äikäs, Hannu Aravirta 1993–1994
Hannu Aravirta 1994–1996
Curt Lundmark 1996–1997
Sakari Pietilä, Curt Lundmark, Hannu Kapanen 1997–1998
Hannu Kapanen, Leo Äikäs, Timo Lahtinen 1998–1999
Erkka Westerlund 1999–2001
Raimo Summanen 2001–2003
Hannu Jortikka 2003–2005
Waltteri Immonen, Curt Lindström 2005–2006
Doug Shedden 2006–2008
Glen Hanlon 2008–2009
Hannu Aravirta, Hannu Jortikka 2009–2010
Hannu Jortikka, Erkka Westerlund 2010–2011
Erkka Westerlund 2011–2012
Tomi Lämsä 2012–2013
Tomi Lämsä, Tomek Valtonen 2013–2014
Erkka Westerlund 2014-2016
Jukka Jalonen 2016-

Salóns da fama

Membros do Hockey Hall of Fame

Un único xogador do Jokerit foi introducido no Hockey Hall of Fame ata 2016, trátase de Jari Pekka Kurri,[19] que foi introducido en 2001 logo de xogar 17 tempadas na National Hockey League nas que se converteu no máximo anotador nado en Europa con 601 goles, 797 asistencias, e 1.398 puntos.[20][21]

Suomen Jääkiekkoleijonista

Dende que se creou o "Salón da Fama" do hóckey sobre xeo finlandés en 1985 (os denominados Suomen Jääkiekkoleijonista ou Leóns do Hóckey sobre Xeo Finlandés en galego), 31 xogadores que defenderon a camisola de Jokerit foron introducidos:[22]

Suomen Jääkiekkoleijonista (Leóns do Hóckey Finlandés)
Nome(s) Ano de introdución Período(s)
Matti Keinonen 1987 1973-75
Ilpo Koskela 1989 1969-75
Jorma Valtonen 1989 1972-74
Veli-Pekka Ketola 1990 1969-70
Lauri Mononen 1991 1969-71, 1972-73
Timo Sutinen 1991 1969-75
Seppo Suoraniemi 1992 1972-74
Henry Leppä 1996 1969-76, 1977-81
Jari Kurri 1998 1977-80, 1994-95
Hannu Kamppuri 1998 1975-79
Timo Blomqvist 2002 1977-80
Raimo Summanen 2004 1993-94
Esa Tikkanen 2004 1999-00
Timo Turunen 2004 1967-76, 1977-78
Hannu Kapanen 2005 1974-77
Markus Ketterer 2005 1985-88, 1991-93, 1997-99
Jari Lindroos 2005 1981-87, 1995-97
Mika Nieminen 2005 1997-98
Pekka Järvelä 2006 1982-83, 1990-93
Hannu Järvenpää 2006 1992-93
Timo Saarikoski 2006 1993-99, 2000-01
Otakar Janecky 2006 1991-99
Antti Törmänen 2007 1990-95, 1996-98, 2000-02
Erik Hämäläinen 2009 1992-95
Tero Lehterä 2009 1995-97, 1999-00
Juha Ylönen 2009 1993-96
Mika Strömberg 2011 1987-99, 2002-03, 2007-08
Juha Lind 2012 1992-97, 1998-99, 2004-05, 2008-10
Pasi Nurminen 2012 1999-01
Ari Sulander 2013 1987-98
Petri Varis 2013 1993-97, 1999-01, 2004-09

Palmarés

Notas

  1. [1][Ligazón morta]
  2. Jussi Konttinen (28.6.2013). "Liikemies Moskovan lentokentältä HS:lle: Jokerit KHL:ään ensi vuonna". Helsingin Sanomat. Arquivado dende o orixinal o 04 de xaneiro de 2014. Consultado o 02 de agosto de 2013. 
  3. 3,0 3,1 jokerit.com (ed.). "Jokerit information in English" (en inglés). Consultado o 10 de setembro de 2014. 
  4. jokerit.com, ed. (28 de xuño de 2013). "KHL" (en finlandés). Consultado o 10 de setembro de 2014. 
  5. Bloomberg, ed. (28 de xuño de 2013). "Putin Allies Buy Finnish Hockey Team to Play for Russian Title" (en inglés). Consultado o 10 de setembro de 2014. 
  6. IIHF, ed. (28 de xuño de 2014). "Jokerit to join KHL in 2014" (en inglés). Consultado o 10 de setembro de 2014. 
  7. The Globe and Mail (ed.). "Joketrit to play in KHL in 2014-15". 
  8. SM-liiga, ed. (3 de outubro de 2014). "Jari Kurri ja Janne Vuorinen Jokerien organisaatioon" (en finlandés). Consultado o 10 de setembro de 2014. 
  9. Tamén se converteou no primeiro equipo dun país nórdico en participar na competición euroasiática, e no primeiro equipo dun país que non pertencera a un réxime comunista.
  10. eurohockey.com, ed. (8 de novembro de 2013). "KHL adds 29th team" (en inglés). Consultado o 10 de setembro de 2014. 
  11. eurohockey.com, ed. (30 de xullo de 2013). "SM-liiga allows Jokerit to play" (en inglés). Consultado o 10 de setembro de 2014. 
  12. 12,0 12,1 "Helsingin kaupungin paikkatietopalvelu" (en finés). Cidade de Helsingin. Arquivado dende o orixinal o 17 de xuño de 2013. Consultado o 24 de xuño de 2013. 
  13. "Main page". www.helsinginjaahalli.fi (en finés). Arquivado dende o orixinal o 10 de xullo de 2018. Consultado o 10 de xullo de 2018. 
  14. "Areenafaktaa" (en finés). Hartwall-areena. Arquivado dende o orixinal o 01 de febreiro de 2008. Consultado o 23 de agosto de 2017. 
  15. Datos de asistencia en www.hockeyarenas.net
  16. jokerit.com (ed.). "Kapteenit" (en finlandés). Consultado o 10 de setembro de 2014. 
  17. "JALONEN PÄÄVALMENTAJAKSI KAUSILLE 2016-18" (en finés). Jokerit. 3 de setembro de 2015. Consultado o 6 de xuño de 2016. 
  18. jokerit.com (ed.). "Valmentajat" (en finlandés). Consultado o 6 de xuño de 2016. 
  19. "Players. Team. Jokerit Helsinki". Legends of Hockey (en inglés). Hockey Hall of Fame. Consultado o 5 de xuño de 2016. 
  20. "Players. Jari Kurri". Legends of Hockey (en inglés). Hockey Hall of Fame. 5 de xuño de 2016. 
  21. "Jari Kurri. Biography". Legends of Hockey (en inglés). Hockey Hall of Fame. 5 de xuño de 2016. 
  22. "ICE HOCKEY LIONS" (en inglés). Jokerit. Consultado o 6 de xuño de 2016. 

Véxase tamén

Ligazóns externas