Carolyn Steel
Este artigo é orfo, xa que carece doutros artigos que apunten cara a el. Por favor, engade ligazóns a esta páxina desde outros artigos relacionados con este. |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Londres, Reino Unido |
Actividade | |
Campo de traballo | Arquitectura, Urbanismo, desenvolvemento urbano, Escrita creativa e profesional, Q112686217 , lectorship (en) e política alimentar (pt) |
Ocupación | arquitecta, xornalista, mestra, escritora, conferenciante |
Páxina web | carolynsteel.com… |
Carolyn Steel, nada en Londres,[1] é unha arquitecta, escritora e profesora británica. Preocúpase pola relación entre a alimentación e a cidade e o desenvolvemento das cidades. En 2008 publicouse o seu best-séller The Hungry City.
Traxectoria
Formouse como arquitecta na Universidade de Cambridge completando esta en 1984. De 1995 a 1996 foi alumna da British School de Roma onde estudou a historia da cidade. Despois dos seus estudos comezou a traballar como arquitecta e combinou isto coa docencia e a escritura. Ensinou na London School of Economics, na Universidade de Cambridge e na London Metropolitan University. En 1989 uniuse a Kilburn Nightingale Architects, un despacho de arquitectura do que finalmente chegou a ser directora.
En 2008 publicou o libro The Hungry City. Con el gañou o premio Jerwood da Royal Society of Literature de non ficción.[2] O libro describe, entre outras cousas, como os fluxos de alimentos entraron en Londres e como se desenvolveron co paso do tempo. Critica a forma actual na que se manexan os alimentos e indica que hai que facer as cousas doutro xeito. Tamén afirma que a comida barata non existe. No último capítulo fala da cidade ecolóxica chinesa Dongtan.[3] Nese capítulo introduce o concepto de sitopía. No seu libro describe a industria alimentaria como o xogo do mercado globalizador.[4] En 2010 converteuse en profesora convidada na Universidade de Wageningen Ao ano seguinte publicouse a tradución ao holandés do seu libro Hungry City.
Foi presentadora do programa de televisión One Foot in the Past. Tamén foi editora da revista Building designe.
Participou nos encontros 'Carta de Santiago' en Santiago de Compostela en 2021.[5]
Notas
- ↑ "About Me". hungrycitybook.co.uk. Consultado o 2021-11-21.
- ↑ "SL Jerwood Awards". Consultado o 21 de novemembro de 2021.
- ↑ "De hongerige stad moet duurzaam gevoed".
- ↑ "‘De Hongerige Stad’ Carolyn Steel, een bron van inspiratie".
- ↑ ""A distancia mental e física entre nós e os lugares que nos alimentan distorsiona o noso sistema de valores"". Praza Pública. 2021-11-20. Consultado o 2021-11-21.