Saltar ao contido

Lingua khoekhoe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 16 de xuño de 2022 ás 16:12 por Breogan2008 (conversa | contribucións)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Khoekhoe, Nama
Khoekhoewab
Outros nomes:Hotentote
Falado en:  Namibia
 Botswana
 Suráfrica
Rexións: río Orange, Namaqualand (Terra dos nama)
Total de falantes: 200 000±10 000 (2011)
Familia: Linguas khoisas

  Khoe-kwadi[1]
    Khoe
      Khoekhoe
 Khoekhoe, Nama

Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: -
ISO 639-3: hgm naq hgm
Mapa
Status

A lingua khoekhoe (nome oficial: khoekhoegowab), tamén denominada historicamente nama e hotentote, é unha lingua khoisa, a que ten máis falantes e a que se estende por un territorio maior.

Historia e países onde se fala

[editar | editar a fonte]

A lingua khoekhoe pertence á familia khoe,[1] e fálase principalmente en Namibia (no mapa adxunto indícase a distribución deste idioma nese país), Suráfrica e Botswana, e por tres grupos étnicos, os nama, os damara e os haiǁom.

Parece que os damara tomaron a linguaxe, xunto cos nama, en Botswana, e que emigraron a Namibia cada grupo por separado. Os haiǁom, que falaran unha lingua juu, máis tarde pasaron a falar khoekhoe. Georg Friedrich Wreede foi o primeiro europeo que estudou o idioma, despois de chegar á Cidade do Cabo en 1659.

De acordo con Ethnologue, hai 202 000 falantes (dos cales, 200 000 en Mamibia; 2 000 en Suráfrica e 200 en Botswana).[2]

O khoekhoegowab é lingua nacional en Namibia. En Namibia e Suráfrica, a radio emite, entre outros, neste idioma. En Namibia, o khoekhoegowab, a pesar de que o inglés é o idioma oficial da república, é un dos idiomas vehiculares do ensino, desde a educación primaria até a universitaria.

O khoekhoe ten 5 vogais e 31 consoantes.

Frases típicas

[editar | editar a fonte]

Algunhas frases típicas son:

  • ! Gai EET - Boos días
  • ! Gai ǁ HOA - Bos días
  • ! Gai azadas - Boas noites
  • Matisa - Cómo estás?
  • ! Gãise re gu - Adeus
  • ! Haese mugus - Vémonos pronto
  1. 1,0 1,1 Hammarström, Harald; Forkel, Robert & Haspelmath, Martin, eds. (2017): Familia Khoe–Kwadi. Glottolog 3.0. Jena, Alemaña: Instututo Max Planck para a Ciencia da Historia Humana.
  2. ."Khoekhoe. A language of Namibia".

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]