Saltar ao contido

Deusa nai

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 7 de setembro de 2022 ás 15:11 por Breogan2008 (conversa | contribucións)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
A Venus de Willendorf, do Paleolítico Superior, que se estima que foi esculpida entre o -24 000 e o -22 000.

Unha deusa nai é unha deusa que serve como deidade de fertilidade xeral. Nalgunhas culturas ademais é representada como a Nai Terra, sendo a xenerosa personificación da Terra. Como tal, non tódalas deusas poden considerarse manifestacións da deusa nai.

Esta deusa é representada nas tradicións occidentais de moitas formas, desde as imaxes talladas en pedra desde Cibeles á Dione ("deusa") invocada no oráculo de Dodona, xunto con Zeus, ata finais da época clásica. Entre os himnos homéricos (séculos VII-VI a. C.) hai un dedicado á deusa nai chamado Himno a Xea, Nai de Todo. Os sumerios escribiron moitos poemas eróticos sobre a súa deusa nai Ninhursaga.[1]

  1. Leick, G. (1994). Sex and eroticism in Mesopotamian literature. Londres, Nueva York: Routledge. ISBN 978-0-585-44873-2. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre mitoloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.