Saltar ao contido

Láncara

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 30 de agosto de 2023 ás 15:25 por Marcio (conversa | contribucións) (Completo xentilicio con referencia)
Láncara
Bandeira de Láncara
Escudo de Láncara
Igrexa de San Pedro de Armea.
Situación
Xentilicio[1]lancarao/lancará
Xeografía
ProvinciaProvincia de Lugo
ComarcaComarca de Sarria
Poboación2.492 hab. (2023)[2][3]
Área121,61 km²[3]
Densidade20,49 hab./km²
Entidades de poboación26 parroquias[4]
Capital do concelloA Pobra de San Xiao
Política (2023 [5])
AlcaldeDarío Antonio Piñeiro López (PSdeG-PSOE[6])
ConcelleirosBNG: 1
PPdeG: 3
PSdeG-PSOE: 7
Eleccións municipais en Láncara
Uso do galego[7] (2011)
Galegofalantes79,89%
Na rede
http://www.concellodelancara.com
editar datos en Wikidata ]

Láncara é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Sarria. Segundo o IGE no 2014 tiña 2.789 habitantes (3.047 no 2006, 3.091 no 2005, 3.136 no 2004, 3.146 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «lancarao»[8].

Demografía

Censo total 2.789 (2014)
Menores de 15 anos 196 (7.03 %)
Entre 15 e 64 anos 1.627 (58.34 %)
Maiores de 65 anos 966 (34.64 %)
Evolución da poboación de Láncara   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
5.169 6.113 5.513 4.270 3.136 2.992 2.908 2.866 2.839 2.789 2.764 2.702 2.696 2.637 2.605 2.584 2.551
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Familia Castro

Placa que lembra a casa onde naceu o pai de Fidel Castro.

De Láncara era Ángel Castro Argiz, pai de Fidel Castro, que a finais do século XIX emigrou ás Américas. O propio Fidel Castro visitou a aldea de seu pai o 27 de xullo de 1992, convidado polo presidente Manuel Fraga. Na visita coñeceu a casa familiar (onde hoxe hai unha placa), a dúas das súas curmás, foi nomeado fillo adoptivo e asistiu a unha romaxe típica. Castro dixo que para el era unha «grande honra ser descendente de galegos, e que a casa de seu pai non fose un pazo, senón unha casoupa moi humilde». Fidel tamén mencionou «os xenes de rebeldía que hai no espírito galego», e lembrou que moitos dos que lle seguiron na loita armada contra Fulgencio Batista eran orixinarios desta terra[9].

Política

En outubro do ano 2009 o PPdG presentou unha moción de censura cun tránsfuga do PSOE para derrocar da alcadía gobernante socialista Darío Antonio Piñeiro López. Contou co apoio dos dous concelleiros elixidos por Terra Galega (TeGa), formación que pola súa parte os expulsou por dobre militancia no PP.

Deporte

A Pobra de San Xiao tivo un equipo de fútbol sala, o ED Láncara, máis coñecido polo nome dos seus patrocinadores Muebles Caloto e Barcel Euro. Entre 2004 e 2006 xogou na División de Honra, a máxima categoría do fútbol sala español.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Láncara.

Lugares de Láncara

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Láncara vexa: Lugares de Láncara.

Parroquias

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Láncara

Armea (San Pedro) | Bande (San Pedro) | Carracedo (San Vicente) | Cedrón (Santiago) | Galegos (Santa Mariña) | Lagos (Santalla) | Lama (Santa María) | Láncara (San Pedro) | Larín (San Salvador) | Monseiro (San Miguel) | Muro (San Xoán) | Neira de Cabaleiros (Santa María Madanela) | Oleiros (San Martiño) | A Pobra de San Xiao (San Xiao) | Río (San Martiño) | Ronfe (San Pedro) | Souto de Ferradal (Santiago) | Toirán (San Salvador) | Toldaos (San Vicente) | Toubille (Santa María) | Trasliste (San Xoán) | Vilaesteva de Herdeiros (Santa María) | Vilaleo (Santa María) | Vilambrán (Santa María) | Vilarello (San Pedro) | Vilouzán (Santo Estevo)

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2023) "Láncara".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  4. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  5. Goberno de España, Ministerio del Interior (ed.). "Elecciones 2023" (en castelán). Consultado o 20 de xuño de 2023. 
  6. "El PSdeG gobernará sobre 1,2 millones de gallegos, el PP a 667.000, y el BNG a 360.000". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 20 de xuño de 2023. 
  7. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google 
  8. Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 50. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7
  9. "Las 48 horas de Fidel Castro en Galicia: Pulpo, dominó y «Patria o muerte»", artigo en La Voz de Galicia, 28 de xullo de 2017 (en castelán).

Véxase tamén


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.