Perctarito
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 645 (Gregoriano) |
Morte | 688 (42/43 anos) Pavia, Italia |
Causa da morte | homicidio |
Lugar de sepultura | Pavia |
Relixión | Catolicismo |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Outro | |
Título | Rei dos longobardos (671–688) Rei dos longobardos (661–662) |
Familia | Dinastía Axilolfinga |
Cónxuxe | Rodelinda |
Fillos | Vigilinda, Cuniperto |
Pai | Ariperto |
Irmáns | Godeperto |
Perctarito, nado en 645 e finado en 688, foi duque de Asti e rei longobardo de Italia, fillo e sucesor do rei Ariperto (661).
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Rei católico, cerca Pavia mentres que, cousa curiosa, comparte o poder co seu irmán Godeperto, co-rei ariano con sede en Milán, a antiga capital dos longobardos. Tras ser asasinado o seu irmán pouco despois por unha conxuración de palacio dirixida por Grimoaldo, duque de Benevento, prefire fuxir que sufrir o mesmo destino e atopa primeiro refuxio cos ávaros do khagan Kakan e despois entre os francos. Con todo, a súa muller Rodelinda e o seu fillo Cuniperto, capturados por Grimoaldo, son enviados ao exilio a Benevento.
En 671, volto do exilio, toma finalmente o poder e volve a subir ao trono longobardo. Fai do catolicismo a relixión oficial do reino pero non recoñece a autoridade papal, asina a paz cos bizantinos e asocia ao seu fillo Cuniperto ao poder a partir de 678. Loita en van contra o rebelde Alachis, duque de Trento, antes de morrer asasinado en 688, vítima dunha conxuración.
Descendencia
[editar | editar a fonte]Pertarito tivo os seguintes fillos:
- Cuniperto: rei dos longobardos.
- Wigilinda: Casada co duque Grimoaldo II de Benevento.
Posteridade
[editar | editar a fonte]Pertharite é o nome dunha traxedia de Pierre Corneille, baseada na historia deste rei longobardo.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Reino longobardo | ||
---|---|---|
Segue a: Ariperto |
Perctarito | Precede a: Grimoaldo |
Reino longobardo | ||
---|---|---|
Segue a: Garibaldo |
Perctarito | Precede a: Cuniperto |