Voo 603 de Dominicana
Voo 603 de Dominicana | |
---|---|
DC-9-32 semellante ao do accidente
| |
Resumo | |
Data | 15 de febreiro de 1970 |
Causa | fallo de motor |
Lugar | mar Caribe |
Coordenadas | |
Orixe | aeroporto Las Américas |
Destino | aeroporto Luis Muñoz Marín |
Finados | 102 |
Aeronave | |
Tipo de aeronave | McDonnell Douglas DC-9-32 |
Operador | Dominicana de Aviación |
Rexistro | HI-177 |
Pasaxeiros | 97 |
Tripulación | 5 |
Superviventes | 0 |
O voo 603 de Dominicana, tamén coñecido como o desastre do DC-9 de Dominicana, era un servizo internacional que se esnafrou o día 15 de febreiro de 1970. O McDonnell Douglas DC-9-32 esnafrouse pouco despois de engalar de Santo Domingo, República Dominicana, en ruta cara San Xoán, Porto Rico, matando aos 102 pasaxeiros e tripulantes a bordo. É o segundo peor accidente de aviación ocorrido na República Dominicana tras o voo 301 de Birgenair.
Avión
[editar | editar a fonte]O aparello era un McDonnell Douglas DC-9-32, con rexistro HI-177, fabricado no ano anterior. Realizara o seu primeiro voo o 30 de setembro de 1969. O avión fora transferido a Dominicana de Aviación o 16 de decembro dese mesmo ano.[1] O DC-9 estaba equipado con dous motores Pratt & Whitney JT8D-7.[2] Levaba en servizo menos dun mes coa aeroliña, con só 354 horas de voo, cando se esnafrou.[3]
Accidente
[editar | editar a fonte]O reactor realizaba un servizo internacional dende o aeroporto Las Américas de Santo Domingo ata o aeroporto Luis Muñoz Marín de San Xoán. Engalou sobre as 6:30 pm, pero dous minutos despois a tripulación declarou unha emerxencia cando o motor dereito se parou, solicitando aos controladores de tráfico aéreo regresar ao aeroporto inmediatamente. Porén, mentres se preparaban para volver o motor esquerdo apagouse. Sen control o avión descendeu rapidamente e esnafrouse no mar Caribe unhas dúas millas ao norte do aeroporto. As 102 persoas a bordo morreron.[2][3][4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "HI-177 Dominicana McDonnell Douglas DC-9-30". www.planespotters.net (en inglés). Consultado o 2019-01-08.
- ↑ 2,0 2,1 Ranter, Harro. "ASN Aircraft accident McDonnell Douglas DC-9-32 HI-177 Santo Domingo-Las Américas International Airport (SDQ)". 143.95.41.247. Arquivado dende o orixinal o 08 de xaneiro de 2019. Consultado o 2019-01-08.
- ↑ 3,0 3,1 "Una tragedia aérea que aún duele". El Nuevo Dia (en castelán). 2012-02-12. Consultado o 2019-01-08.
- ↑ "Se cumplen este viernes 43 años del accidente de Dominicana de Aviación". www.7dias.com.do. Arquivado dende o orixinal o 08 de xaneiro de 2019. Consultado o 2019-01-08.