Onward (filme)
{{Filme
| título = Onward | títuloorixinal = Onward | imaxe = Onward logo.png | descripción = Logo do filme. | director = Dan Scanlon | produtor = Kori Rae
| guión =
- Dan Scanlon
- Jason Headley
- Keith Bunin
Onward é un filme estadounidense de 2020 producido por Pixar Animation Studios e liberado por Walt Disney Pictures. Foi dirixido por Dan Scanlon, producido por Kori Rae e escrito por Scanlon, Jason Headley e Keith Bunin. Conta coas voces de Tom Holland, Chris Pratt, Julia Louis-Dreyfus e Octavia Spencer. Ambientado nun mundo de fantasía suburbana, o filme conta a historia de dous irmáns elfos que comezan unha aventura para atopar un artefacto que pode devolver temporalmente a vida do seu pai morto.[1]
Onward estreouse no Festival de Berlín o 21 de febreiro de 2020 e nos cinemas o 6 de marzo de 2020. O filme recibiu valoracións positivas por parte da crítica, mais só recadou 147 millóns en todo o mundo sobre un orzamento de 175-200 millóns. A escasa recadación do filme foi resultado da pandemia de COVID-19, a cal provocou o peche de cinemas, o cal converteu Onward no segundo filme de Pixar con menor recadación, despois de The Good Dinosaur. Como moitos outros filmes estreados nos primeiros meses do ano 2020, foi distribuído dixitalmente poucas semanas despois da súa estrea.
Personaxes
- Tom Holland como Ian Lightfoot
- Chris Pratt como Barley Lightfoot
- Julia Louis-Dreyfus como Laurel Lightfoot
- Octavia Spencer como "Corey" The Manticore
- Mel Rodriguez como Colt Bronco
- Kyle Bornheimer como Wilden Lightfoot
- Lena Waithe como Specter
- Ali Wong como Gore
- Grey Griffin como Dewdrop
- Tracey Ullman como Grecklin
- Wilmer Valderrama como Gaxton
- George Psarras como Avel
- John Ratzenberger como Fenwick
Notas
- ↑ Variety staff (14 de xullo de 2017). "D23: Pixar Announces Untitled Quest Movie Set in 'Suburban Fantasy World'". Variety. Arquivado dende o orixinal o 15 de xullo de 2017. Consultado o 21 de xullo de 2017.