Terra Galega
Terra Galega (TEGA) | |
---|---|
Partido político galego | |
Ficheiro:Tega.jpg | |
Mocidades | Mocidade de Terra Galega |
Historia | |
Fundación | 4 de novembro de 2005 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | nacionalista, centro-progresista |
Representación | |
Representación | sen representación parlamentaria |
Outros datos | |
Sede | Avda. Havana, 57 entresuelo 32003 Ourense |
Na rede | |
www.terragalega.eu/ www.terra-galega.org | |
Terra Galega (Tega) é un partido político de centro progresista e nacionalista que se formou o 4 de novembro de 2005, aínda que está rexistrada dende maio dese ano.
Xurdiu da unión do Centro Democrático Independiente (CDI), Iniciativa Galega, Coalición Galega, Unidade por Narón e algunhas outras pequenas forzas locais que sumaban 4 alcaldes e 64 concelleiros en 32 concellos galegos; os estatutos de Terra Galega permiten a existencia de partidos federados no seu seo.
Celebrou o Congreso Constituínte o 20 de maio de 2006 coa participación de 500 compromisarios que elixiron a Pablo Padín, ex-conselleiro de sanidade, como presidente e a Xoán Gato, alcalde de Narón, como coordinador xeral. Guillermo Sánchez Fojo foi elixido como Vice-Coordinador Zona Norte, Xosé Luis Vilas Martín como Vice-Coordinador Zona Sur, Marian Ferreiro Díaz como Coordinadora Nacional da Mocidade. As xuventudes do partido reciben o nome de Mocidade de Terra Galega.
En outubro de 2006 Unión Ourensana integrouse na coalición e tamén 6 dos doce concelleiros do Partido Popular de Galicia en Arteixo. Nas eleccións municipais de 2007 presentou 63 candidaturas, sobre todo na provincia da Coruña, e acadou 66 concelleiros. O 12 de xullo de 2008 celebrou o seu II Congreso, no que Pablo Padín saíu reelixido presidente e Xermán Tobío novo secretario xeral[1]. Non obstante, o sector liderado por Xoán Gato impugnou o Congreso e conseguiu que, o 23 de agosto seguinte, o xulgado suspendese de forma cautelar os acordos tomados no mesmo, co que este recuperou o seu cargo de coordinador xeral [2].
Ligazóns externas
- Web de Terra Galega ( vencellada ao sector liderado por Pablo Padín
- Web de Terra Galega (vencellada ao sector liderado por Xoán Gato
Notas
- ↑ Pablo Padín revalida a presidencia no Congreso de Terra Galega, Vieiros 13 de xullo de 2008
- ↑ La Voz de Galicia, 24 de agosto.