Saltar ao contido

Mosteiro de San Vicente do Pino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 10 de novembro de 2008 ás 21:06 por Xabier Cid (conversa | contribucións) (recat)

31' 25" N / 7° 30' 37" O_E_ 0°N 0°L / 42_31_25_N_07_30_37_W, 42° 31' 25" N / 7° 30' 37" O{{#coordinates:}}: Latitude incorrecta

Vista traseira do conxunto histórico-artístico de San Vicente do Pino, hoxe Parador de Turismo

O Mosteiro de San Vicente do Pino é un conxunto monumental situado en Monforte de Lemos, flanqueado polos restos do castelo, do que se conserva parte da muralla e mai-los cubos defensivos, a torre da homenaxe, dende cal pódese contemplar todo o Val de Lemos, e os restos palacio dos Condes de Lemos, edificio perdido en grande parte nun devastador incendio a principios do século. O mosteiro en mai-los restos do palacio constitúen actualmente o Parador Nacional de Monforte de Lemos.

Descrición e Historia

Ficheiro:420408733 ad8cea021c.jpg
Imaxe do claustro

Trátase da máis probable localización do primitivo Castro Dactonio, asentamiento da tribu céltica dos Lemavos. É Plinio quen nos dí: "Dactonium, quod dicitur "Pinus""; aunque a localización do Castro Dactonio foi disputada en numerosas ocasións, San Vicente do Pino foi a que se lle otorgou unha meirande credibilidade, tanto polo característico da súa orografía, propicia a usos defensivos, como pola toponimia do lugar ("pino") citada por Plinio, a fonte escrita de meirande antiguedade de que dispoñemos.

Aínda que as orixes do mosteiro en sí remontan ao século X, a edificación actual iníciase no século XVI. A praza do edificio conventual é neoclasica, tanto a súa fachada como o claustro.

A igrexa monacal ten a súa portada renacentista, mentres que o interior se enmarca no gótico de transición, cuberta de bóvedas estreladas sobre arcos agudos. Un órgano barroco, calado dende hai decadas, atópase nun lateral do coro. No recargado altar maior destaca unha interesante pintura alegórica que representa a tortura de San Vicente.

Ficheiro:420436426 afb1977d41.jpg
Imaxe da torre da homenaxe

No cenobio consérvase unha singular imaxe de Santa Ana coa Virxe María e o Neno, así como un interesante baixorelevo románico, entre outras pezas de relevancia artística.

Xunto da Pila Bautismal, á dereita da porta de acceso, encóntrase un sepulcro de pedra, correspondente ó Abade Diego García, no que se observa unha inscripión en latín, e deteriorado por diversas hendiduras ennegrecidas polo uso de lume co ánimo de olla-los restos que encerra, relacionados coa popular lenda da Coroa de fogo.

Asimesmo, diversas partes da la igrexa encóntranse fortemente deterioradas, entre elas as valiosas pinturas murais e algunhas vidrieiras; presentóuse á Xunta de Galicia un plan de restauración co gallo de recupera-lo seu patrimonio artístico.

Véxase tamén

Outros artigos