Saltar ao contido

Río Kaveri

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A versión para imprimir xa non se actualiza e pode conter erros de renderizado. Actualice os marcadores do seu navegador e empregue mellor a función de impresión propia do navegador.
Modelo:Xeografía físicaRío Kaveri
Imaxe
Tiporío principal
curso de auga Editar o valor en Wikidata
Inicio
ContinenteAsia Editar o valor en Wikidata
División administrativaKarnataka, India e Tamil Nadu, India Editar o valor en Wikidata
Final
LocalizaciónGolfo de Bengala Editar o valor en Wikidata
Mapa
 11°22′13″N 79°49′41″L / 11.370345, 79.828105
11°22′13″N 79°49′41″L / 11.370345, 79.828105
Afluentes
Características
Dimensións765 (lonxitude) km
Superficie da cunca hidrográfica80.000 km² Editar o valor en Wikidata
O río Kaveri no curso alto en Dubare

O Kaveri é un dos ríos principais do sur da India, cunha lonxitude de 760 km, vertendo as súas augas no golfo de Bengala. A grafía inglesa Cauvery foi moi utilizada. O río aparece xa na Xeografía de Claudio Tolomeo como Khaberos.

Percorrido

O Kaveri nace nos montes Gates occidentais, en Talakaveri, unha cidade santa, a 1.276 m.s.n.m., para entrar logo no estado federal de Karnataka. Neste estado o río divídese en dous brazos, formando a illa de Sivasamudram, antes de caer desde unha altura duns 100 metros nas fervenzas do Kaveri, que son estimadas como das máis fermosas da India. Logo atravesa o estado de Tamil Nadu, onde baña as cidades de Tanjavûr e de Tiruchirapalli , para finalmente dasaugar no golfo de Bengala, ao sur de Gondelur, nun grande delta de máis de 150 km, moi fértil e servido por canles de rego.

Afluentes

Entre os principais de entre os numerosos tributarios do Kaveri están: o Hemavati, o Arkavathy, o Lakshmana Tirtha, o Kabini, o Bhavani, o Noyyal e o Amaravati.

Obras hidráulicas

Para aproveitar as súas augas para regar os campos, o Kaveri conta con obras moi antigas, especialmente no delta, como os encoros de Grande Anikut ou o de Kallanai, este construído no século II por Karikâla, durante o período da dinastía Chola.

Nas fervenzas do Kaveri, en 1902, foi levantada a fábrica de electricidade máis antiga da India.

Sacralidade

O Kaveri está considerado como o segundo río máis santo do país, de xeito que con frecuencia é chamado o "Ganxes do sur". Forma parte da nómina dos sete ríos sagrados da India.