Reial Club Deportiu Espanyol B
Espanyol B | |||
---|---|---|---|
Nome | Reial Club Deportiu Espanyol B | ||
Alcume(s) | Periquitos | ||
Fundación | 1994 | ||
Estadio | Ciutat Esportiva Dani Jarque, Sant Adrià de Besòs, Barcelona | ||
Inauguración | 2001 | ||
Capacidade | 1.500 | ||
Presidente | Ramon Condal | ||
Adestrador | Raúl Longhi | ||
Liga | 2ªB - Grupo 3 | ||
2011-12 | 2º (3ª - Grupo 5) | ||
Na rede | |||
http://www.rcdespanyol.cat/ | |||
| |||
O Reial Club Deportiu Espanyol B é un club de fútbol español da cidade de Barcelona, en Cataluña. É o primeiro equipo filial do Reial Club Deportiu Espanyol. Foi fundado en 1994 e xoga na Segunda División B Española.
Historia
En 1981 creouse o Futbol Club Cristinenc en Santa Cristina d'Aro, na provincia de Xirona. O club tivo unha rápida ascensión desde as últimas divisións ata a Terceira División. Converteuse nun equipo filial do RCD Espanyol.
En 1991, o equipo cambiou a súa denominación pola de Cristinenc-Espanyol, sendo retitulado RCD Espanyol B tres anos máis tarde, converténdose no primeiro filial do RCD Espanyol. Nos seguintes anos militou en Terceira e Segunda B, logrando na terceira categoría do fútbol español a segunda posición na tempada 2001/02. Xogou en tres ocasións a promoción, pero non conseguiu o ascenso a Segunda.
Na tempada 2009/10, o Espanyol B acabou na 16ª posición pero perdeu o playoff de descenso, baixando a Terceira. Na tempada 2011/12 acabou 2º e xogou o playoff de ascenso aínda que foi eliminado polo Extremadura UD na segunda rolda. Con todo, houbo varios equipos que descenderon por débedas e o Espanyol comprou unha praza para o seu filial na Segunda B.
Datos do club
- Tempadas en 2ª: 0
- Tempadas en 2ªB: 13
- Tempadas en 3ª: 11
- Tempadas en categorías rexionais: 9
- Promocións de ascenso a Segunda: 3 (0 ascensos)
Palmarés
- Subcampión da Segunda División B (1): 2001-02.
- Terceira División Española (2): 1994-95, 2008-09.
- Subcampión da Terceira División (3): 1999-00, 2005-06, 2011-12.