Saltar ao contido

Torre-Pacheco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A versión para imprimir xa non se actualiza e pode conter erros de renderizado. Actualice os marcadores do seu navegador e empregue mellor a función de impresión propia do navegador.
Modelo:Xeografía políticaTorre-Pacheco
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 37°44′35″N 0°57′14″O / 37.7431, -0.9539
EstadoEspaña
Comunidade autónomaRexión de Murcia Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación39.037 (2023) Editar o valor en Wikidata (206,54 hab./km²)
Xeografía
Superficie189 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude40 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Santo padrónVirxe do Rosario Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataAntonio León Zapata (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal30700 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE30037 Editar o valor en Wikidata

Páxina webtorrepacheco.es Editar o valor en Wikidata
BNE: XX451543

Torre-Pacheco é un municipio da Rexión de Murcia, pertencente á comarca natural do Mar Menor e Partido Xudicial de San Javier. Coloquialmente a localidade é coñecida como Pacheco.

Xeografía

Ten unha extensión de 189,4 km², que corresponde co 1,67% da superficie total da rexión e dista 37 km da capital, Murcia. Limita ao leste con San Javier e Los Alcázares, ao sur con Cartagena, ao norte con Murcia, e ao oeste con Fuente Álamo de Murcia. O terreo é practicamente chairo, sen apenas accidentes, asucado por numerosas ramblas e a única elevación do municipio é o Cabezo Gordo, onde se atopa a Sima das Pombas. Nesta cova atopáronse numerosos restos humanos, os segundos máis antigos da Península Ibérica tras Atapuerca, converténdose no segundo sitio arqueolóxico máis importante da península e un dos máis ricos de Europa.

Demografía

Con 30.351 habitantes (INE 2008), o municipio presenta unha situación demográfica marcada pola inmigración, a alta taxa de natalidade e a chegada de turistas aos numerosos complexos residenciais. A actividade económica do municipio é maior no sector servizos, que está orientando a súa actividade ao turismo, pero tamén destaca a súa grande actividade agrícola, baseada en modernos e eficientes sistemas de rega e colleita cun alto nivel de produtividade. A actividade manufacturera agroalimentaria e o gran número de empresas relacionadas coa construción proporcionan unha gran parte dos ingresos do municipio.