9969 Braille
O asteroide 9969 Braille visto pola Deep Space 1. | |
---|---|
Descubrimento | |
Descuberto por | Eleanor F. Helin e Kenneth J. Lawrence |
Lugar do descubrimento | Observatorio Palomar |
Descuberto o | 27 de maio de 1992 |
Designación do CPM | 9969 Braille |
Designación alternativa | 1992 KD |
Procedencia do nome | Louis Braille |
Características orbitais | |
Periapse | 1,33334143409973 UA |
Apoapse | 3,35525824876761 UA |
Excentricidade | 0,431241085063454 |
Período orbital | 1311,046707341689 d |
Inclinación | 28,8950758886474° |
Anomalía media | 53,44583107846355° |
Lonxitude do nodo ascendente | 242,0860869040194° |
Argumento da periapse | 355,6230995683221° |
Características físicas | |
Dimensións | 2,1 km × 1 km × 1 km |
Masa | 7,8x1015 g |
Densidade media | 3,9 g cm−3[1] |
Período de rotación sidérea | 224,6 h |
Albedo xeométrico | 0,34 |
Temperatura superficial | ~238 K |
Tipo espectral | Asteroide de tipo Q |
Magnitude absoluta | 15,8 |
9969 Braille é un pequeno asteroide que cruza a órbita de Marte e xira arredor do Sol unha vez cada 3,58 anos.[2] Foi descuberto en 1992 por astrónomos do observatorio Palomar e nomeado en honor a Louis Braille, o inventor do sistema de escritura para cegos que leva o seu nome. Foi fotografiado de cerca pola nave Deep Space 1 en 1999, pero un fallo produciu imaxes de baixa calidade.
Descubrimento e nomeamento
[editar | editar a fonte]Foi descuberto o 27 de maio de 1992 por Eleanor F. Helin e Kenneth J. Lawrence desde o observatorio Palomar como parte dun estudo da NASA sobre asteroides que cruzan órbitas de planetas. Deuselle provisionalmente o nome 1992 KD.[3] Máis tarde foi bautizado Braille en honor a Louis Braille a suxestión do enxeñeiro de software pertencente ó Centro Espacial Kennedy, Kerry Babcock, en resposta á chamada do concurso da Sociedade Planetaria "Name That Asteroid" ("Nomea ese asteroide").[4][5]
Órbita
[editar | editar a fonte]Braille ten unha órbita infrecuentemente inclinada e pertence á rara clase de asteroides coñecidos como cruzadores de Marte. Simulacións da súa órbita feitas por científicos da nave Deep Space 1 predín que a súa órbita pasará a cruzar á da Terra nuns 4000 anos.[6] Aínda que o seu punto máis próximo ó Sol está por dentro da órbita de Marte, é altamente elíptica e leva ó asteroide a case a metade de camiño ata Xúpiter no seu apoapse, sendo o seu semieixo maior demasiado grande para clasificalo como un asteroide Amor.
Características físicas
[editar | editar a fonte]Braille é un asteroide de tipo Q, composto na súa maior parte de olivina e piroxeno. As observacións desde terra suxerían que podía ser un asteroide de tipo V, con composición parecida en parte á de 4 Vesta. A forma do asteroide é irregular, medindo aproximadamente 2,1 km × 1 km × 1 km.
Exploración
[editar | editar a fonte]A información máis detallada que se dispón de Braille ven principalmente da nave Deep Space 1, que pasou a 26 km do asteroide o 29 de xullo de 1999,[7] así como de observacións desde terra feitas conxuntamente coa misión.[2] Para o momento en que Deep Space 1 chegou ata Braille o seu espectrómetro ultravioleta non funcionaba, pero enviou un par de imaxes CCD de resolución media e tres espectros infravermellos durante o encontro. Con todo, aínda que a sonda achegouse ata 26 km do asteroide, as imaxes e os espectros foron tomados a unha distancia duns 14.000 km debido a problemas co sistema de seguimento.[8] A misión principal de Deep Space 1 era probar novas tecnoloxías no espazo, pero o encontro con Braille foi de gran valor científico. Braille é o asteroide máis pequeno visitado ata agora por unha sonda espacial.[9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ I. Richter, D.E. Brinza, M. Cassel, K.H. Glassmeier, F. Kuhnke, G. Mussmann, C. Othmer, K. Schwingenschuh and B.T. Tsurutani (1 de maio de 2001). "First Direct Magnetic Field Measurements of an Asteroidal Magnetic Field: DS1 at Braille". Geophysical Research Letters 28 (10): 1913–1916.
- ↑ 2,0 2,1 Buratti, B. J.; Britt, D. T.; Soderblom, L. A.; Hicks, M. D.; Boice, D. C.; Brown, R. H.; Meier, R.; Nelson, R. M.; Oberst, J.; Owen, T. C.; Rivkin, A. S.; Sandel, B. R.; Stern, S. A.; Thomas, N.; Yelle, R. V. (2004). "9969 Braille: Deep Space 1 infrared spectroscopy, geometric albedo, and classification". Icarus 167 (1): 129–135.
- ↑ Susan Lendroth (28 de xullo de 1999). The Planetary Society, ed. "Spacecraft Target Asteroid Named in Planetary Society Contest". Consultado o 18 de maio de 2011.
- ↑ MPC 35492 Minor Planet Center
- ↑ Cable News Network, ed. (26 de xullo de 1999). "Asteroid target gets new name". Consultado o 18 de maio de 2011.
- ↑ Calvin J. Hamilton. "Asteroid Braille". Consultado o 18 de maio de 2011.
- ↑ National Aeronautics and Space Administration (ed.). "A CLOSE-UP OF AN ASTEROID". Arquivado dende o orixinal o 20 de marzo de 2009. Consultado o 18 de maio de 2011.
- ↑ M. Lazzarin, S. Fornasier, M. A. Barucci and M. Birlan (24 de maio de 2001). "Groundbased investigation of asteroid 9969 Braille, target of the spacecraft mission Deep Space 1". Astronomy & Astrophysics 375 (1): 281–284.
- ↑ Oberst, J.; Mottola, S.; di Martino, M.; Hicks, M.; Buratti, B.; Soderblom, L.; Thomas, N. (2001). "A Model for Rotation and Shape of Asteroid 9969 Braille from Ground-Based Observations and Images Obtained during the Deep Space 1 (DS1) Flyby". Icarus 153 (1): 16–23.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: 9969 Braille |