Saltar ao contido

Landelino Lavilla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLandelino Lavilla

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(es) Landelino Lavilla Alsina Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento6 de agosto de 1934 Editar o valor en Wikidata
Lleida Editar o valor en Wikidata
Morte13 de abril de 2020 Editar o valor en Wikidata (85 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortedoenza Editar o valor en Wikidata
Deputado no Congreso dos Deputados
10 de novembro de 1982 – 28 de xullo de 1983 – Leopoldo Calvo Sotelo Bustelo →

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid

Presidente Unión de Centro Democrático
13 de xuño de 1982 – 18 de febreiro de 1983
← Leopoldo Calvo Sotelo BusteloSupresión do cargo →
Presidente do Congreso dos Deputados
6 de abril de 1979 – 18 de novembro de 1982
← Fernando Álvarez de MirandaGregorio Peces-Barba →
Deputado no Congreso dos Deputados
13 de marzo de 1979 – 18 de novembro de 1982

Circunscrición electoral: Xaén

Senador de España
15 de xuño de 1977 – 2 de xaneiro de 1979
Procurador en Cortes
12 de xullo de 1976 – 30 de xuño de 1977
← Antonio Garrigues Díaz-Cañabate
Ministro de Xustiza de España
5 de xullo de 1976 – 6 de abril de 1979
← Antonio Garrigues Díaz-CañabateÍñigo Cavero → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Zaragoza
Universidade Complutense de Madrid
Universidade Autónoma de Madrid Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, xurista Editar o valor en Wikidata
Partido políticoUnión de Centro Democrático Editar o valor en Wikidata
Membro de
Premios

Editar o valor en Wikidata

BNE: XX843617 Dialnet: 5470

Landelino Lavilla Alsina, nado en Lleida o 6 de agosto de 1934[1] e finado en Madrid[2] o 13 de abril de 2020, foi un xurista e político catalán que chegou a ser ministro e presidente do Congreso dos Deputados de España.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Inicios e formación

[editar | editar a fonte]

Despois de botar a súa infancia e mocidade en Lleida, comezou a estudar dereito en Zaragoza e licenciouse finalmente na Universidade Central de Madrid. Alí entrou en contacto co cardeal Ángel Herrera Oria, fundador da Editorial Católica.

Ingresou no Corpo de Letrados do Tribunal de Contas en 1958, con só 24 anos, e no corpo de Letrados do Consello de Estado en 1959. Aos 27 anos foi nomeado secretario xeral de Banco Español de Crédito e posteriormente foi vicepresidente e logo presidente da Editorial Católica[3]

Carreira política

[editar | editar a fonte]

Iniciou a carreira política no franquismo sendo nomeado subsecretario do Ministerio de Industria en 1974.[1]

Durante a transición, foi membro da Unión de Centro Democrático e, en 1976, foi elixido ministro de Xustiza no primeiro goberno de Adolfo Suárez. En 1977 foi designado senador polo rei Xoán Carlos I, e integrouse no Grupo da UCD. Mantivo a carteira de Xustiza ata a convocatoria electoral de 1979, cando saíu elixido deputado pola circunscrición de Xaén. Coa constitución das Cortes, converteuse en presidente do Congreso dos Deputados, posto no que viviu momentos históricos como o golpe de estado do 23F e a elección de Leopoldo Calvo-Sotelo Bustelo como presidente en substitución de Suárez.

En 1982, foi elixido presidente de UCD, e encabezou a lista electoral da coalición centrista nas Eleccións Xerais de 1982 pola circunscrición de Madrid. Neses comicios a UCD sufriu unha severa derrota e disólvese como partido. Nese momento, Lavilla renunciou ao escano e pasou a formar parte do Consello de Estado.[4]

En 1996 aspirou á presidencia do Consello Xeral do Poder Xudicial, pero o seu nomeamento non se consumou. En 2006 ingresou na Real Academia de Ciencias Morais e Políticas. Foi tamén membro da Real Academia de Xurisprudencia e Lexislación, da que foi reelixido Presidente en xaneiro de 2008.

Debe destacarse tamén a súa condición de Conselleiro Permanente do Consello de Estado.[5]


Predecesor:
Antonio Garrigues
 Ministro de Xustiza 
1977-1979
Sucesor:
Íñigo Cavero
Predecesor:
Fernando Álvarez de Miranda
 Presidente do Congreso dos Deputados 
1979-1982
Sucesor:
Gregorio Peces-Barba
Predecesor:
Leopoldo Calvo-Sotelo
 Presidente de Unión de Centro Democrático 
1982-1983
Sucesor:
Disolución do partido

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]