Saltar ao contido

Redundancia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Redundancia en lingüística é un fenómeno que consiste en repetir unha información (semántica ou lingüística) sen necesidade:

  • Un exemplo do primeiro caso é a construción Reises, que procede de Rei. Se o plural de Rei xa é Reis, non é preciso volver engadirlle un morfema sufixo de plural, e polo tanto Rei-s-es é unha redundancia;
  • No caso da secuencia eu estou, o morfema -ou do verbo volve a repetir a persoa "primeira do singular" que xa aparece no pronome. A este tipo de redundancia gramatical necesaria denomínaselle concordancia.