Saltar ao contido

O Ézaro, Dumbría

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Ézaro»)
O Ézaro
ConcelloDumbría[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas42°54′43″N 9°07′57″O / 42.9119, -9.1324
Poboación603 hab. (2022)
Entidades de poboación15[1]
editar datos en Wikidata ]

Santa Uxía do Ézaro é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Dumbría, bañada pola Ría de Corcubión. Segundo o IGE en 2022 tiña 603 habitantes (322 mulleres e 281 homes) distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.081 habitantes.

A fervenza do Ézaro, na desembocadura do río Xallas, é un lugar de grande atractivo turístico. A carón da fervenza rematou varias veces unha etapa da Vuelta a España.

O Ézaro desde o miradoiro.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

Ézaro ou Ésaro (con seseo) vén do medieval Isaro, que tería unha orixe hidronímica indoeuropea cunha raíz eis- ou is-: moverse rapidamente ou violentamente, referido ao tramo final do río Xallas cando cae na fervenza de nome Ézaro. A raíz está viva en verbos do sánscrito como ísyati (bulir), ésati (esvarar). En Italia existe o río Esaro, afluente do Crati, coa mesma orixe. En Francia existe o río Isère, afluente do Ródano, en Aragón o río Esera, afluente do Cinca. En Baviera o Isar, afluente do Danubio, en Flandres o Yser ou Ijzer, o Eisrà en Lituania e casos británico deformados.[2]

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares do Ézaro

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia do Ézaro no concello de Dumbría (A Coruña)

O Cancelo | O Castelo | As Covas | A Croa | A Estrada | O Ézaro | Finsín | As Lagoelas | A Laxe | O Lombiño | A Pena | Río do Barco | San Crimenzo | Santa Uxía | O Santo

Parroquias de Dumbría

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Dumbría

Berdeogas (Santiago) | Buxantes (San Pedro) | Dumbría (Santa Baia) | O Ézaro (Santa Uxía) | Olveira (San Martiño) | Olveiroa (Santiago) | Salgueiros (San Mamede)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]