Nebulosa da Tarántula
R136 | |
---|---|
A Nebulosa da Tarántula, imaxe do telescopio TRAPPIST instalado no observatorio de La Silla | |
Datos para a observación | |
Época= J2000,0 | |
Tipo de obxecto | Nebulosa de emisión |
Ascensión recta | 05h 38m 38s[1] |
Declinación | -69° 05,7′[1] |
Distancia | 60 ± 10 kal (49 ± 3 kpc)[2][3] |
Magnitude aparente | 8[2] |
Diámetro angular | 40′ × 25′[2] |
Constelación | Dorado |
Características físicas | |
Radio | 500 al |
Magnitude absoluta | ~ -11,7 |
Outras designacións | NGC 2070,[2] Doradus Nebula,[1] Dor Nebula,[1] 30 Doradus |
A Nebulosa da Tarántula (tamén coñecida coma 30 Doradus, ou NGC 2070) é unha rexión H II da Gran Nube de Magallanes, encadrada na constelación austral do Peixe Dourado. Orixinalmente pensouse que era unha estrela, pero no ano 1751, Nicolas Louis de Lacaille recoñeceu a súa natureza nebulosa.
Características
[editar | editar a fonte]A Nebulosa da Tarántula ten unha magnitude aparente de 8. Considerando a súa distancia duns 49 kpc[2] (160 000 anos luz), este é un obxecto non estelar moi luminoso. A súa luminosidade é moi grande: se a comparamos coa Nebulosa de Orión, se a Nebulosa da Tarántula estivese tan próxima á Terra coma a Nebulosa de Orión, a Nebulosa da Tarántula sería capaz de xerar sombras no noso planeta. De feito, é a rexión máis activa de formación estelar dentro do Grupo Local de galaxias. Tamén é a rexión deste tipo máis grande dentro do Grupo Local cun diámetro estimado de 200 pc.[3] A nebulosa reside na beira de avance da Gran Nube de Magallanes, onde a presión de avance comprime o medio interestelar. No seu núcleo descansa o cúmulo R136 (dun diámetro aprox. de 35 anos luz)[4] que produce a meirande parte da enerxía que fai visible a nebulosa. A masa deste cúmulo é dunhas 450 000 masas solares, suxerindo que nun futuro se vaia a converter nun cúmulo globular.[5]
Ademais do cúmulo R136, a Nebulosa da Tarántula tamén contén un cúmulo máis vello, catalogado coma Hodge 301, cunha idade comprendida entre os 20 e 25 millóns de anos. A estrela máis masiva que existía neste cúmulo estourou coma supernova.[6] Esta foi a supernova observada que estaba máis preto da Terra dende a invención do telescopio,[7] a Supernova 1987A, que ocorreu na parte exterior da Nebulosa da Tarántula.
A nebulosa é a maior fábrica de estrelas coñecida na nosa zona do universo.[8]
Galería
[editar | editar a fonte]-
Vista en primeiro plano da Nebulosa da Tarántula.
-
O cúmulo novo de RMC 136a.
-
A GNM preto da Nebulosa da Tarántula.
-
O corazón da Nebulosa da Tarántula: R136 está situado no centro da imaxes mentres que o cúmulo Hodge 301 está na esquina superior dereita. Imaxe da ESO.
-
A Nebulosa da Tarántula e os seus arredores. Imaxe da ESO.
-
Filamentos de gas ionizado nas proximidades do cúmulo R136, dentro na Nebulosa da Tarántula. Imaxe da ESO.
-
A Nebulosa da Tarántula pode ser vista no centro desta imaxe.
-
A Nebulosa da Tarántula vista dende o Wide-field Infrared Survey Explorer (WISE).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 "SIMBAD Astronomical Database". Results for Tarantula Nebula. Consultado o 22-12-2006.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 "SEDS Students for the Exploration and Development of Space". Results for Tarantula Nebula. Arquivado dende o orixinal o 08-05-2007. Consultado o 08-05-2007.
30 Doradus .. 49 kpc +- 3 kpc
- ↑ 3,0 3,1 Lebouteiller, V.; Bernard-Salas, J.; Brandl, B.; Whelan, D. G.; Wu, Yanling; Charmandaris, V.; Devost, D.; Houck, J. R. (xuño do 2008). "Chemical Composition and Mixing in Giant H II Regions: NGC 3603, 30 Doradus, and N66". The Astrophysical Journal 680 (1): 398–419. Bibcode:2008ApJ...680..398L. doi:10.1086/587503.
- ↑ Massey, P ; Hunter, D. (xaneiro de 1998). "Star Formation in R136: A Cluster of O3 Stars Revealed by Hubble Space Telescope Spectroscopy". The Astrophysical Journal 493 (1): 180. Bibcode:1998ApJ...493..180M. doi:10.1086/305126.
- ↑ Bosch, Guillermo; Terlevich, Elena; Terlevich, Roberto (2009). "Gemini/GMOS Search for Massive Binaries in the Ionizing Cluster of 30 Dor". Astronomical Journal 137 (2): 3437–3441. Bibcode:2009AJ....137.3437B. doi:10.1088/0004-6256/137/2/3437.
- ↑ Grebel, Eva K.; Chu, You-Hua (2000). "Hubble Space Telescope Photometry of Hodge 301: An "Old" Star Cluster in 30 Doradus". Astronomical Journal 119 (2): 787–799. Bibcode:2000AJ....119..787G. arXiv:astro-ph/9910426. doi:10.1086/301218.
- ↑ SPACE.com, ed. (21-03-2011). "Tarantula Nebula's Cosmic Web a Thing of Beauty". Consultado o 26-03-2011.
- ↑ "A massive laboratory". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2020-03-19.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Nebulosa da Tarántula |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]- R136, gran cúmulo estelar da Nebulosa da Tarántula.
- Hodge 301, outro cúmulo estelar dentro da Nebulosa da Tarántula.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- APOD Images: 2003 agosto 23 & 18-05-2010
- SEDS Data: NGC 7020, The Tarantula Nebula
- Hubble Space Telescope Images of: The Tarantula Nebula Arquivado 28 de outubro de 2008 en Wayback Machine.
- European Southern Observatory Image of: The Tarantula Nebula