Club Deportivo Bidasoa
Nome do club | Club Deportivo Bidasoa | ||
Fundado | 1962 | ||
Pavillón | Polideportivo Artaleku, Irún | ||
Capacidade | 2.200 | ||
Presidente | Doroteo Vicente | ||
Adestrador | Juanto Apezetxea | ||
Liga | División de Honra B | ||
Equipamentos |
|
O Club Deportivo Bidasoa é un equipo de balonmán da localidade de Irún, Guipúscoa (Euskadi), fundado en 1962 e que actualmente compite na División de Honra B do Estado español.
Historia
[editar | editar a fonte]O CD Bidasoa fundouse en 1962 e o seu primeiro presidente foi José Miguel Arana, mentres que o seu primeiro adestrador foi José Antonio Apezteguia.
A entidade deu os seus primeiros pasos deportivos no frontón Uranzu, logrando rapidamente facerse un sitio na División de Honra primeiro como un equipo modesto e, pouco a pouco, comezando a atuar a algúns dos equipos máis importantes.
Os meirandes éxitos do CD Bidasoa chegaron da man da firma chocolateira Elgorriaga, patrocinador do club irundarra dende a tempada 1983-84 ata a 1996-97. Como excepción podería apuntarse a primeira final da Copa do Rei, na que o Bidasoa perdeu en Málaga ante o FC Barcelona, cando o equipo vasco estaba esponsorizado por Muebles Danona de Azpeitia (Guipúscoa).
O primeiro título colleitado pola entidade foi o campionato de Liga da tempada 1986-87, campionato conseguido con dous xogadores iugoslavos e o resto do conxunto formado por xogadores guipuscoanos.
O Bidasoa comezara a facer historia aínda que tivo que esperar á década dos 90 para engadir, polo momento, sete títulos máis ao seu palmarés. Os máis importantes foron os da Copa de Europa gañada na tempada 1994-95 en Zagreb (Croacia) e que supuxo o primeiro título europeo dun equipo vasco en calquera modalidade deportiva e a Recopa de Europa. A entidade irundarra, que logrou clasificarse entre os mellores clubs de Europa da década, sumou ademais un novo título de Liga na tempada 1994-95 e dúas Copas do Rei nas tempadas 1990-91 e 1995-96. Na tempada 1999-00 gañou ademais a súa primeira Copa de Euskadi, título que repetiría nas tempadas 2000-01 e 2001-02.
Presidentes
[editar | editar a fonte]O CD Bidasoa tivo ao longo da súa historia un total de sete presidentes:
- José Miguel Arana.
- Manolo López.
- Emilio Visiers.
- José Antonio Quiñones.
- Beñardo García e Luis Cuñado.
- José Ángel Sodupe
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Liga ASOBAL: 2 títulos
- Campión: 1986-87 1994-95
- Subcampión: 1993-94
- Copa do Rei: 2 títulos
- Campión: 1990-91 1995-96
- Subcampión: 1982-83 1987-88 1989-90 1992-93
- Supercopa de España: 1 título
- Campión: 1995-96
- Subcampión: 1987-88 1988-89 1993-94 1996-97
- Copa ASOBAL: 1 título
- Campión: 1992-93
- Subcampión: 1991-92
- Copa de Europa: 1 título
- Campión: 1994-95
- Subcampión: 1995-96
- Recopa de Europa: 1 título
- Campión: 1996-97
- Subcampión: 1990-91
- Subcampión: 1997-98
Cadro de xogadores 2010/2011
[editar | editar a fonte]
|