Saltar ao contido

Borja Galán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaBorja Galán
Biografía
Nacemento26 de abril de 1993 Editar o valor en Wikidata (31 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2012 Editar o valor en Wikidata -
LinguaLingua castelá Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoExtremo esquerdo Editar o valor en Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
- Deportivo Fabril Editar o valor en Wikidata

Borja Galán González, nado en Madrid o 26 de abril de 1993, é un futbolista español. Xoga de extremo no Odra Opole da I Liga de Polonia.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Criouse na canteira do Atlético de Madrid, na que ingresou aos nove anos. Pasou polas diferentes categorías inferiores do club ata que na tempada 2010/11 debutou co segundo filial, o Atlético de Madrid C, en Terceira División. Na 2012/13 debutou en Segunda B co Atlético de Madrid B, co que xogou ata 2015, cunha interrupción entre 2013 e 2014, cando estivo máis dun ano de baixa por unha rotura do ligamento cruzado anterior do xeonllo dereito.[1][2]

En xullo de 2015, despois de que o Atlético B perdese a categoría, Galán fichou polo Getafe B co que disputou a tempada 2015/16 de Segunda B.[3]

En xullo de 2016 fichou polo Deportivo da Coruña para xogar co seu filial, o Fabril, na Terceira División.[4] Militou dous anos no equipo branquiazul, xogando 79 partidos e marcando 11 goles.

En xullo de 2019 fichou por dúas tempadas polo AD Alcorcón da Segunda División.[5] Debutou na categoría de prata o 18 de agosto, nun partido fronte ao Sporting de Gijón en Santo Domingo,[6] e marcou o seu primeiro gol o 10 de novembro no Anxo Carro contra o Lugo.[7]

O 8 de xullo de 2019, o Deportivo da Coruña fixo efectiva a cláusula de repesca sobre Galán, incorporándose de novo ó equipo coruñés, que militaba tamén en Segunda.[8] O 31 de xaneiro de 2020, despois de xogar 14 encontros co Deportivo, foi cedido ó Racing de Santander ata final de tempada.[9] Ámbolos dous equipos acabaron descendendo a Segunda B nesa tempada.

O 5 de outubro de 2020 renovou o seu contrato co Deportivo por dúas tempadas máis.[10] Na xornada 8 da tempada 2020/21 marcou o seu primeiro gol co equipo coruñés, contra o Celta B en Riazor. Rematou a tempada con 19 partidos e dous goles, e en xullo de 2021 anunciouse que deixaba o club despois de chegar a un acordo con este para rescindir o contrato.[11]

O 31 de agosto de 2021, Galán chegou a un acordo por unha tempada coa UD Logroñés da Primeira División RFEF.[12] Disputou 17 encontros co equipo rioxano, case todos como suplente, ata que a súa escasa participación fixo que en xaneiro deixase o club e baixase unha categoría para xogar no Hércules.[13] Militou no club alacantino ata final de tempada, cun balance de 16 partidos e un gol, disputando sen éxito a promoción de ascenso.

Despois duns meses sen equipo, en xaneiro de 2023 saíu por primeira vez para xogar no estranxeiro, asinando contrato co Odra Opole, club da I liga, segunda categoría do fútbol polaco.[13]

Selección española

[editar | editar a fonte]

Foi internacional en varias ocasións coas categorías inferiores da selección española. En 2011 debutou coa selección sub-18, coa que xogou dous partidos da Copa do Atlántico nas Illas Canarias.[14] Foi tamén internacional coa sub-20.

  1. "Borja Galán será operado este lunes" (en castelán). 4 de agosto de 2013. Consultado o 11 de xuño de 2021. 
  2. "Borja Galán: "Estoy muy contento de volver después de 15 meses"" (en castelán). 31 de agosto de 2014. Arquivado dende o orixinal o 19 de agosto de 2018. Consultado o 11 de xuño de 2021. 
  3. G. Fuente, Chema (29 de xullo de 2015). "El canterano Borja Galán se marcha al Getafe". Mundo Deportivo (en castelán). Consultado o 11 de xuño de 2021. 
  4. "Arnau Campeny e Borja Galán apontoan a zaga e a dianteira fabrilista". Deportivo da Coruña. 14 de xullo de 2016. Consultado o 11 de xuño de 2021. 
  5. Jiménez, Álex (5 de xullo de 2018). "Borja Galán, auténtica pólvora para el ataque del Alcorcón". Marca (en castelán). Consultado o 11 de xuño de 2021. 
  6. "El Sporting salva un punto a domicilio en el 93". ABC (en castelán). 19 de agosto de 2018. Consultado o 11 de xuño de 2021. 
  7. "Borja Galán hace que el Alcorcón duerma líder de Segunda". As (en castelán). 10 de novembro de 2018. Consultado o 11 de xuño de 2021. 
  8. "O Real Club Deportivo exerce a opción de repesca sobre Borja Galán". Deportivo da Coruña. 8 de xullo de 2019. Consultado o 11 de xuño de 2021. 
  9. "Borja Galán, cedido ao Real Racing Club até final de temporada". Deportivo da Coruña. 31 de xaneiro de 2020. Consultado o 11 de xuño de 2021. 
  10. "Borja Galán continuará dúas campañas máis no Dépor". Deportivo da Coruña. 5 de outubro de 2010. Consultado o 11 de xuño de 2021. 
  11. "Borja Galán no seguirá en el Deportivo" (en castelán). 12 de xullo de 2021. Consultado o 12 de xullo de 2021. 
  12. "Borja Galán, nuevo delantero de la UD Logroñés" (en castelán). 31 de agosto de 2021. Arquivado dende o orixinal o 31 de agosto de 2021. Consultado o 31 de agosto de 2021. 
  13. 13,0 13,1 "El lejano destino de Borja Galán para seguir jugando al fútbol" (en castelán). 15 de xaneiro de 2023. Consultado o 16 de abril de 2023. 
  14. Gabilondo, Aritz (20 de xaneiro de 2011). "Lista de convocados para la Copa del Atlántico Sub-18". As (en castelán). Consultado o 11 de xuño de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]