Saltar ao contido

Buenafuente (programa de televisión)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Buenafuente (televisión)»)
Buenafuente
Formato Programa de espectáculos de medianoite
Producido por El Terrat
Presentado por Andreu Buenafuente
Localización(s) Sant Just Desvern, Barcelona
Cadea Antena 3 (2005-2007)
laSexta (2007-2011)
laSexta2 (2011)
Día da estrea 11 de xaneiro do 2005
Última emisión 30 de xuño de 2011
Nº de temporadas 6
Nº de episodios 964[1]

Na rede
IMDB: tt0442870 Editar o valor en Wikidata

Buenafuente (abreviado BFN dende setembro de 2007; anteriormente, BF) foi un programa de televisión español pertencente ao xénero coñecido como "late show", conducido polo humorista catalán Andreu Buenafuente e producido por El Terrat.

Emitíase nas noites dos martes, mércores e xoves na canle privada Antena 3, desde o 11 de xaneiro de 2005 ata o 28 de xullo de 2007. Despois emitiuse en laSexta dende o 17 de setembro do 2007 ata o 30 de xuño do 2011 nas noites de luns a xoves. E durante o 2011 emitíase primeiro en laSexta2 e despois en laSexta.

Continuou a liña doutros programas de Andreu Buenafuente como La Cosa Nostra e Una altra cosa.

Gravábase, emitíndose parcialmente en directo, nun plató con público na provincia de Barcelona. A súa primeira tempada finalizou o 30 de xuño de 2005 e a segunda comezou o 13 de setembro dese mesmo ano.

Referencias

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]