Saltar ao contido

Fernando I, Sacro Emperador Romano-Xermánico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Fernando I de Habsburgo»)
Modelo:BiografíaFernando I, Sacro Emperador Romano-Xermánico
Biografía
Nacemento10 de marzo de 1503 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Alcalá de Henares (Coroa de Castela) Editar o valor en Wikidata
Morte25 de xullo de 1564 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata (61 anos)
Viena, Austria Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCatedral de San Vito Editar o valor en Wikidata
Emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico
27 de agosto de 1556 (Gregoriano) – 25 de xullo de 1564 (Gregoriano)
← Carlos V, Sacro Emperador Romano-XermánicoMaximiliano II, Sacro Emperador Romano-Xermánico →
Rei Apostólico de Hungría
17 de decembro de 1526 – 25 de xullo de 1564 (finado no cargo)
← Lois II de HungríaMaximiliano II, Sacro Emperador Romano-Xermánico →
19º Rei de Bohemia
1526 – 1564
← Lois II de HungríaMaximiliano II, Sacro Emperador Romano-Xermánico →
Príncipe elector
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónaristócrata, monarca, político Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloEmperador
Rei Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa de Habsburgo Editar o valor en Wikidata
CónxuxeAna da Boêmia e Hungria (1521, 1521 (Gregoriano)–1547) Editar o valor en Wikidata
FillosIsabel de Habsburgo, Maximiliano II, Sacro Emperador Romano-Xermánico, Ana de Habsburgo-Jagelão, Fernando II da Áustria, Maria de Habsburgo, Duquesa de Jülich-Cleves-Berg, Magdalena von Österreich, Catarina de Áustria, Leonor da Áustria, Margarida da Áustria, João de Habsburgo, Bárbara de Habsburgo, Carlos II de Estiria, Ursula von Habsburg, Helena da Áustria, Joana de Áustria, Grã-Duquesa da Toscana Editar o valor en Wikidata
PaisFilipe I de Castela Editar o valor en Wikidata  e Xoana I de Castela Editar o valor en Wikidata
IrmánsCarlos V, Sacro Emperador Romano-Xermánico
Leonor de Austria
María de Habsburgo
Catarina de Austria
Sabela de Austria
Rietje Koane Editar o valor en Wikidata
ParentesLois II de Hungría, cuñado
Vladislau II da Hungria, sogro
Isabel Clara Eugénia da Áustria, sobriña neta
Fernando III de Habsburgo, neto
Fernando II de Aragón, avó materno
Isabel I de Castela, avoa materna
Maximiliano I de Habsburgo, avó paterno
María de Borgoña, avoa paterna Editar o valor en Wikidata
Premios

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteAllgemeine Deutsche Biographie
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Biographisches Lexikon des Kaiserthums Oesterreich (en) Traducir, (vol:6, p.181) Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1163612 WikiTree: Habsburg-10 Find a Grave: 27340991 Editar o valor en Wikidata
Fernando I, Sacro Emperador Romano-Xermánico

Fernando I de Habsburgo, nado en Alcalá de Henares o 10 de marzo de 1503 e finado en Viena o 25 de xullo de 1564, foi Sacro Emperador Romano-Xermánico de 1556 até a súa morte.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Os seus pais foron o arquiduque da Austria Filipe I de Castela e a raíña Xoana I de Castela. O seu irmán máis vello era Carlos V, Sacro Emperador Romano-Xermánico.

Os seus títulos foron Arquiduque e duque da Austria, duque da Carníola, duque da Carintia, duque da Estíria e conde do Tirol a partir de 1520. Foi Rei de Hungría e de Bohemia a partir de 1526; rei de Croacia en 1540. En 1531, foi elixido Rei de romanos, o que fixo del herdeiro do Sacro Emperador Carlos V, seu irmán; Fernando gobernaba o Imperio nas ausencias do irmán. Asumiu a dignidade de Sacro Emperador en 1556 (coroado en 1558).

Educado na Península Ibérica, foi o neto favorito do rei Fernando II de Aragón, que prevía para el unha rexencia ibérica nas ausencias do irmán. Mais o seu outro avó, Maximiliano, obtivo para el a sucesión dobre en Bohemia e Hungría.

Carlos V, polo Tratado de Worms (1521), recoñecera ao irmán a posesión e soberanía plena dos cinco Estados hereditarios dos Habsburgos: os arquiducados e ducados da Alta e Baixa Austria, Carintia, Estiria, Carniola, logo despois o condado do Tirol e posesións hereditarias da súa Casa no sur de Alemaña. Esta repartición constituíu o patrimonio de Fernando. Foi nomeado para gobernar o ducado de Wurtemberg e integrar o consello de rexencia que gobernaba a Alemaña nas ausencias do Emperador.

O 25 de maio de 1521, en Linz, Austria, Fernando casou con Ana Jagelán, filla de Ladislau II de Hungría e de Bohemia e de Ana de Foix-Candale.

Polas convencións de Bruxelas en 1522, recibiu o título de gobernador das rexións da Alemaña do Sur, do Tirol e da Alta Alsacia.

A época experimentou a expansión otomá, desde a caída de Constantinopla en 1453. En 1529, Viena estivo so asedio turco. Até o século XVII, Europa tería que convivir co adianto das forzas turcas, ameazando Sicilia, Malta e os territorios de Venecia.

Rei de Bohemia e de Hungría

[editar | editar a fonte]

O 29 de agosto de 1526, morreu o seu cuñado Lois II, rei de Bohemia e de Hungría, derrotado polas tropas otomás do sultán Suleiman o Magnífico, na batalla de Mohács.

Fernando foi escollido rei de Bohemia e rei de Hungría. Coroado rei de Bohemia en Praga, en febreiro de 1527, non puido asegurar a coroa de Hungría, pois alí Xoán Zápolya, príncipe de Transilvania, apoiado por parte da nobreza e despois polos turcos, mantiña a resistencia, aínda que un compromiso posterior asegurase a integridade das posesións dos Habsburgos. O reino de Hungría tornouse obxecto dunha disputa dinástica entre os Habsburgos e Zápolyas, cada partido era apoiado por unha parcela da nobreza húngara. Fernando contaba ademais co apoio de seu irmán Carlos V. En 1527, Fernando venceu a batalla de Tokaj, porén non foi o suficiente para gañar o control de toda Hungría.

En 1529, as súas tropas repeliron con logro o ataque de Suleimán á capital, Viena (Cerco de Viena), mesmo con Fernando xa téndose retirado para Bohemia. Finalmente, en 1533 Fernando asinou tratado de paz co Imperio Otomán, dividindo o reino de Hungría entre os Habsburgos no oeste e Xoán Zápolya. En 1527 os Habsburgos deron inicio a un proceso histórico que levaría á incorporación das terras das coroas da Bohemia e Hungría ás súas posesións hereditarias. En 1538, polo tratado de Nagyvárad, Fernando converteuse sucesor de Zápolya, sendo non obstante incapaz de impor o acordo.

A vida de Fernando ficou marcada por unha loita dobre: contra o islam, no Danubio, onde, tras a morte de seu cuñado Lois II en 1516, foi elixido rei de Bohemia e Hungría, debendo conter o adianto otomán sobre Viena. Non conseguiu tomar Buda en 1541 e tería que asinar unha tregua de oito anos (1562) pagando tributo anual ao sultán e recoñecemento, en Transilvania, da dinastía rival de Xoán Zápolya.

A súa segunda loita estivo en contra os protestantes, cunha relativa indiferenza. Fernando, alumno e amigo dos xesuítas, deixárase influenciar na súa estadía en Flandres polos humanistas, sobre todo Erasmo. Participara da Asemblea de Ratisbona en 1524, que decidiu a reforma católica en Alemaña, constituíu cos cinco cantóns católicos primitivos de Suíza unha Unión Cristiá, en 1529, para combater a herexía protestante, asinou coa Liga de Esmalcalda o Tratado de Kadan e esmagou a revolta dos señores checos en Bohemia.

En 1540, Xoán Sexismundo Zápolya, fillo de Xoán con Sabela Jagelán, foi elixido rei de Hungría, inicialmente apoiado polo rei seu tío, Sexismundo II de Polonia e Lituania, irmán de Sabela. En 1549, un tratado foi asinado entre os Habsburgo e o soberano polaco: a Polonia ficou neutra no conflito cos Habsburgo e Sexismundo II casou con Isabel de Habsburgo, filla de Fernando I.

Como soberano de Austria, Bohemia e Hungría, Fernando I tentou centralizar e construír unha monarquía absoluta moderna. En 1527 editou unha constitución para os seus dominios hereditários (Hofstaatsordnung) e estabeleceu institucións á moda austríaca en Bratislava para Hungría, en Praga para a Bohemia e en Wroclaw (Breslau) para Silesia. Unha forte oposición dos nobres forzouno en 1559 a declarar tales institucións libres de supervisión polo goberno central en Viena. En 1551 chamou aos xesuítas a Viena e en 1556 a Praga, reactivando o arcebispado desta última. Príncipe católico, apoiou a Contrarreforma.

Sacro Emperador Romano

[editar | editar a fonte]

En xaneiro de 1531, Fernando fóra electo rei de romanos en Colonia, o que era un paso rumbo á coroa imperial. Recoñecido herdeiro de Carlos V ao trono imperial en 1551, a abdicación deste último en 1556 fixo que Fernando fose coroado Sacro Emperador en 1558, en Aquisgrán.

Continuou a enfrentar a ameaza externa da política expansionista do sultán Suleimán, o Magnífico. Carlos V defendera Viena en 1529, mais as terras foran ameazadas de novo en 1532 e 1541. Afrontou aínda, como o irmán, a ameaza interna das divisións entre católicos e luteranos: en 1534, Filipe de Hesse, xefe político dos luteranos, arrancou Wuttemberg do control dos Habsburgo e Fernando I apoiou o Emperador, seu irmán, na súa campaña de 1546-7 para destruír a Liga de Esmalcalda, formada por protestantes.

Talvez máis realista do que Carlos V, débese a Fernando a Paz de Augsburgo, de 1555.

Carlos V excluíu seu fillo o infante Filipe, da sucesión imperial xermánica, que foi transmitida ao primoxénito de Fernando.