Mozilla Firefox
Mozilla Firefox | |
---|---|
Firefox 89 en Arch Linux. | |
Desenvolvedor(es) | Mozilla Foundation |
Publicación inicial | 23/09/2002 |
Última versión | 57.0[1] (14 de novembro de 2017) |
Repositorio | dxr.mozilla.org |
Escrito en | C++, JavaScript, HTML, C, Rust[2] |
Sistema operativo | Linux, macOS, Windows, Android, iOS[3] |
Lingua/s | +90[4] Galego: |
Tipo | Navegador web |
Licenza | MPL 2.0[5] |
Sitio web | www.mozilla.org |
Mozilla Firefox (ou só Firefox) é unha aplicación para a navegación web, libre e de código aberto[6] e que desenvolve o proxecto o grupo Mozilla Corporation da organización aberta Fundación Mozilla. É multiplataforma e está dispoñíbel para os sistemas operativos Linux, macOS e Windows, así como en Android (como Firefox para Android) e iOS. Emprega o motor de rendemento web Quantum (que substituíu a Gecko), e executa os modelos web actuais e os próximos a ser aprobados.[7] En 2015 liberouse Firefox para iOS, que emprega WebKit no canto de Gecko por restricións de Apple no desenvolvemento do seu sistema operativo móbil.[8] O código fonte de Firefox está dispoñíbel baixo os termos MPL.[9]
Firefox foi creado pola comunidade Mozilla en 2002 co nome de Phoenix[10] coa intención de ter un navegador web independente, e non ancorado a un paquete completo como era a Mozilla Application Suite. Xa na súa fase beta Firefox gañou popularidade grazas a que, segundo dicían, era máis veloz, seguro e incorporaba melloras engadidas en comparanza co Internet Explorer 6 de Microsoft, que naquela hora era o navegador dominante. O primeiro lanzamento de Firefox, a versión 1.0, foi en novembro de 2004,[11] e popularizouse ata acadar os 60 millóns de descargas en nove meses, poñendo por primeira vez en cuestión o dominio de Internet Explorer.[12] Considérase que Firefox é o sucesor da filosofía de Netscape Navigator xa que Mozilla creou en 1998 ese proxecto, aínda que despois foi comprado por AOL.[13]
O uso de Firefox chegou ata o 32% de usuarios en 2009,[14] na súa versión 3.5 e converténdose no navegador máis popular.[15][16] A saída ao mercado de Google Chrome fixo que a súa cota de uso baixara.[14] En 2017 o seu uso estivo entre o 5.96 e o 13.6% no mundo en uso de escritorio e foi o segundo navegador máis empregado.[17][18][19][20] Segundo Mozilla, en 2014 Firefox chegou aos mil millóns de usuarios no mundo.[21]
Localización
[editar | editar a fonte]Firefox está amplamente localizado e traducido a múltiples linguas e culturas, entre elas o galego. A súa primeira versión de novembro de 2004 estivo dispoñible en 24 linguas e 28 configuracións locais (como inglés británico ou americano)[23] En 2017 contaba na súa versión 57.0 con 89 configuracións locais e 79 linguas.[24]
Galería
[editar | editar a fonte]-
Firefox 31 en Arch Linux.
-
Firefox 24.0 en galego en Windows 8
-
Firefox 30 en OS X Mavericks.
-
Firefox 42.0 en OS X El Capitan.
-
Firefox 57 en macOS High Sierra.
-
Firefox para Android na súa versión 39.
-
Firefox en Firefox OS.
-
Firefox en MeeGo .
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Firefox-notas- (57.0) -Mozilla" (en inglés). Consultado o 15 de novembro de 2017.
- ↑ Yegulalp, Serdar (3/2/2017). "Mozilla binds Firefox's fate to the Rust language". InfoWorld.
- ↑ "Firefox 57.0 System Requirements".
- ↑ molliza, ed. (17 de febreiro de 2023). "Números de linguas".
- ↑ "Mozilla". Mozilla.
- ↑ "Debian and Mozilla – a study in trademarks". LWN.net.
- ↑ download-firefox.org, ed. (17/07/2008). "Gecko Layout Engine". Arquivado dende o orixinal o 15/06/2010. Consultado o 27/11/2017.
- ↑ Sebastian Anthony (11/12/2015). Arstechnica, eds. "Firefox finally comes to iOS - But, as expected, it uses WebKit rather than Gecko.".
- ↑ The Mozilla Foundation (eds.). "Licensing & Trademarks".
- ↑ Mozilla Foundation (eds.). "Phoenix 0.1 (Pescadero) Release Notes and FAQ".
- ↑ "Firefox browser takes on Microsoft". BBC.
- ↑ "Business – The assault on software giant Microsoft". BBC.
- ↑ Jay, Paul (6/08/2010). CBC News, eds. "Curtains for Netscape – Tech Bytes".
- ↑ 14,0 14,1 StatCounter. "StatCounter Global Stats – Browser, OS, Search Engine including Mobile Usage Share". gs.statcounter.com. Consultado o 16/09/2016.
- ↑ Nick Eaton. seattlepi blogs, eds. (21/12/2009). "Firefox 3.5 is world's most popular browser, StatCounter says". Arquivado dende o orixinal o 26/01/2011. Consultado o 27/11/2017.
- ↑ "StatCounter global stats – Top 12 browser versions". StatCounter.
- ↑ "Desktop Browser Market Share Worldwide: Apr 2016 - Sept 2017". StatCounter Global Stats. StatCounter.
- ↑ "Web Browser Market Share Trends". W3Counter. Awio Web Services LLC.
- ↑ "Desktop Browser Market Share". Net Applications.
- ↑ "Web browsers (Global marketshare)". Clicky. Roxr Software Ltd.
- ↑ Mozilla Press Center, Mozilla (eds.). "At a Glance".
- ↑ StatCounter
- ↑ "Index of /pub/firefox/releases/1.0/win32/". Consultado o August 22, 2011.
- ↑ "Mozilla Firefox release files". Mozilla. Arquivado dende o orixinal o 21 de agosto de 2015. Consultado o 27 de novembro de 2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mozilla Firefox |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en inglés)
- Páxina web oficial (en galego)
- Descarga firefox (en galego)