Hélice
- pode consultar tamén Hélice (xeometría)
A hélice é un dispositivo formado por un conxunto de elementos denominados pas, os cales están montados de forma concéntrica arredor dun eixo, virando darredor del nun mesmo plano.
A súa función é transmitir a través das pas a súa propia enerxía cinética (que adquire ao virar) a un fluído, creando unha forza de tracción, ou viceversa, "tomar" a enerxía cinética dun fluído para transmitila a través do seu eixo a outro dispositivo.
A primeiras aplicacións das hélices, hai miles de anos, foron os muíños de vento e de auga. Hoxe en día, tamén baixo os nomes de "rotor", "turbina" e "ventilador", as hélices e os dispositivos derivados delas empréganse para multitude propósitos: refrixeración, compresión de fluídos, xeración de electricidade, propulsión de vehículos e ata para a xeración de efectos visuais (estroboscopio).
Como demostra a variedade de denominacións e campos de aplicación, existe unha gran variedade de hélices, que se manifesta sobre todo nas pas, que xeralmente teñen perfís semellantes aos dunha á, pero cuxa forma varía segundo o seu propósito.
Ademais, hai hélices, principalmente na aviación, nas cales a inclinación das pas é variable, variación que á súa vez pode ser respecto ao plano de xiro da hélice ("paso") ou respecto ao eixo de xiro da hélice ("paso cíclico" ou simplemente "cíclico"). Para acadar isto requírense mecanismos bastante complexos.
Nos motores de avión, a propia hélice fai ás veces de volante de inercia.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]