Saltar ao contido

Acivro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Ilex aquifolium»)
Acivro

Follaxe do acivro (Ilex aquifolium), Galiza.
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Subclase: Rosidae
Orde: Aquifoliales
Familia: Aquifoliaceae
Xénero: Ilex
Especie: I. aquifolium
Nome binomial
Ilex aquifolium
L., Sp. Pl., vol. 1, p. 125, 1753 [1]
Área de distribución do acivro en Europa e o norte de África.
Área de distribución do acivro en Europa e o norte de África.

Área de distribución do acivro en Europa e o norte de África.

O acivro[1] ou xardón[2] (Ilex aquifolium L.) é unha arboriña ou arbusto perenne da familia aquifoliáceas. Medra en bosques no oeste, centro e sur de Europa. En Galicia dáse sobre todo nas zonas montañosas e chuviosas do centro e interior. Podemos atopalo tamén con frecuencia como planta ornamental nos xardíns, onde se dan numerosas variedades, adoito con follas bordeadas de amarelo (formas variegadas).

O nome do xénero procede do latín ilex, nome co que os romanos designaban a aciñeira (Quercus ilex), pola semellanza das súas follas coas desta árbore. O nome específico procede do latín acus, agulla, e folium, folla, por te-las follas espiñentas. O lugar poboado de acivros coñécese como acevedo[3].

Descrición

[editar | editar a fonte]

Ten unha altura de entre 2 e 5 m, aínda que hai exemplares de ata 15 m. A súa copa, cónica, ten forma de espiral con pólas ascendentes nas árbores novas, pero co tempo vólvese mesta e irregular. As follas son moi variables, aínda que adoitan ser coriáceas, elípticas e cos bordos ondulados, de entre 6 e 8 cm de lonxitude, co extremo en forma de punta. As follas das pólas inferiores teñen beiras espiñentas pero nas superiores podemos atopar follas de bordos lisos, agás no ápice espiñento. A cor é dun lustroso verde escuro na cara e máis pálido no revés.

As flores son unisexuais e dioicas: flores masculinas e femininas nacen en diferentes árbores, en inflorescencias mestas, situados na base das follas. Son flores brancas e pequenas, de entre 6 e 8 mm. O froito é unha baga carnosa, dunha viva cor vermella, de entre 7 e 10 mm de diámetro, e contén catro sementes duras; son velenosos para o home. Estes froitos maduran no outono e permanecen na árbore ata finais do inverno.

A súa madeira, de cor branca, é moi dura e resistente, polo que é difícil de traballar. Antigamente usábase en ebanistaría e tornaría.

Dos seus toros e pólas cocidas obtense unha substancia pegañenta, contida na casca, coñecida como liga que se utilizou tradicionalmente para a caza de paxaros.

Uso medicinal

[editar | editar a fonte]
Acivro

As follas úsanse como laxantes, e os froitos como purgantes ou eméticos (a pesar do perigo do seu uso). O acivro tamén é bo como diurético e contra a bronquite, a reuma e a artrite. Tamén se utilizou no tratamento das frieiras.

Segundo o Padre Sobreira[4], os menciñeiros utilizaban o acivro para cura-lo torzón (cólico) dos cabalos, dándolles pequenos golpes cunha variña de acivro. E a tal fin vendíanse xa preparadas nas feiras da Ascensión e do Apóstolo en Santiago. En Melide aseguran que o remedio é tan eficaz que abonda con só tocarlles na pel para que o cabalo se poña a mexar de contado (Terra de Melide, 456).

Epixenética

[editar | editar a fonte]

O acrivro é moi coñecido en epixenética. Algunhas variedades de cultivo teñen bordos de follas lisos, ou ambos os bordos das follas lisos e espiñentos na mesma planta. En resposta ao estrés, estas variedades poden acabar producindo follas con máis espiñas.[5]

O Ilex aquifolium cultívase amplamente en parques e xardíns das rexións temperadas.[6] Os acivros úsanse a miúdo para sebes; xa que as follas espiñentas dificultan a súa penetración e soportan ben a poda e a conformación.[7]

Variedades

[editar | editar a fonte]

Existen numerosas variedades de cultivo,[8] das cales as seguintes gañaron o Premio ao Mérito en Xardinaxe pola Real Sociedade de Horticultura do Reino Unido.[9]

  • I. aquifolium[10]
  • 'Amber' (femia)[11]
  • 'Argentea Marginata'[12]
  • 'Ferox Argentea'[13]
  • 'Golden Queen'[14]
  • 'Handsworth New Silver'[15]
  • 'J.C. van Tol'[16]
  • 'Madame Briot'[17]
  • 'Pyramidalis'[18]
  • 'Silver Queen'[19]

Ilex × altaclerensis

[editar | editar a fonte]

O híbrido Ilex × altaclerensis desenvolveuse en 1835 no castelo de Highclere en Hampshire, Inglaterra, por medio dun cruzamento entre Ilex aquifolium e a especie Ilex perado. As seguintes variedades de cultivo tamén gañaron o Premio ao Mérito en Xardinaxe pola Real Sociedade de Horticultura.

[editar | editar a fonte]

Sinonimia

[editar | editar a fonte]
Follas de xardón (Ruscus aculeatus), espiñentas coma as do acivro.

O acivro recibe outros moitos nomes en galego. Moitos deles son simples variantes fonéticas e, noutros casos, reflicten o bordo espiñento das súas follas:

  • Aceveda, acevedo, acevicho, aceviño, acevreiro, acevo, acevro, aciveira, aciveiro, acivo, acivra, acivreira, acivreiro, axivo, cebro, cibro, encebiño, escornacabras, picoloureiro, rascacú, vellebrán, visgo, xando, xardeira, xardo e xardón.

Nótese que na bibliografía adoita escribirse con b, por influencia da grafía castelá e do grupo -br-. Na relación anterior transcribimos tódolos nomes con v.

Igualmente, cómpre advertir que xardo e xardón son nomes máis comúns para outra planta, arbustiva, de follas rematadas nunha punta espiñenta, pero que nada ten que ver co acivro: trátase da xilbarbeira (Ruscus aculeatus).

Para os froitos hai recollida a denominación popular de cereixa dos paxaros.

Toponimia

[editar | editar a fonte]

O acivro, árbore común en Galicia, deu lugar a numerosos topónimos, tanto directos como abundanciais:

Mitoloxía e tradicións

[editar | editar a fonte]

Os celtas considerábano unha árbore sagrada, con capacidade para atraer a boa sorte. Empregábase nos rituais do solsticio de inverno. No calendario druídico identificábase co período que ía entre o 15 de maio e o 11 de xuño, e no alfabeto Ogham coa letra T.

Os xermanos colocaban unha póla de acivro no inverno na entrada das súas casas, e os romanos asociábano ás festas saturnais.

Segundo a tradición popular galega, cando un mozo quere namorar a unha moza, tiña que cortar unha póla de acivro ás doce da noite de San Xoán, pasala trece veces baixo as ondas do mar mentres rezaba un credo de cada vez. Así, a moza á que toque con esta póla, chamada aciviño, quedará namorada del sen remedio.

O acivro no Nadal

[editar | editar a fonte]

A árbore emprégase en moitos países como motivo ornamental durante as festas de Nadal, o que pode pór en perigo a propia existencia do acivro: a especie está protexida pola lei e o seu comercio ou extracción procedente de exemplares silvestres está prohibido. Ademais do efecto negativo sobre a conservación da propia especie, esta práctica pon en perigo a poboación da pita do monte (Tetrao urogallus), xa que os froitos do acivro son o seu único alimento durante o inverno.

No comezo do inverno as tribos xermánicas puñan pólas de acivro nos seus cuartos, ademais xa os romanos o asociaban ás festas de finais de decembro que se celebraban na honra de Saturno, o deus da sementeira.

Segundo a tradición americana do Nadal, de estaren un mozo e unha moza baixo unha póla de acivro ou de visgo deben bicarse.

Nome común

[editar | editar a fonte]

Xardón, trubisco, silvardos, rascacú, pita, picos, pcamulos, picaburros, muérdago, mexacás, mesquita, manxorros, loureiro de envidia, loureiro bravo, herba do demo, garrotillo, figueira do demo, espiño, espín, civro, cevro, cevreña, cedro, carrasco, cardo, cardio, azoutacristos, anciviño, anceviño, alcivre, acivro, acivrino, acivo manso acivo aciviño, acevro, acevo, aceviño e aceveiro[24].

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para acivro.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para xardón.
  3. VV. AA. (2012) Vocabulario forestal, Universidade de Santiago de Compostela / Deputación de Lugo
  4. Citado polo Diccionario da RAG de 1913.
  5. "#bioPGH blog – To Prickle or Not to Prickle: Holly Leaves and Epigenetics". phipps.conservatory.org. Consultado o 7 de febreiro de 2024. 
  6. Dorling Kindersley, ed. (2008). RHS A-Z encyclopedia of garden plants. United Kingdom. p. 1136. ISBN 978-1405332965. 
  7. Northumbria Police: Security starts at the Garden Gate Arquivado 08 de novembro de 2008 no Arquivo web do goberno do Reino Unido
  8. Huxley, A., ed. (1992). New RHS Dictionary of Gardening. Macmillan ISBN 0-333-47494-5.
  9. Royal Horticultural Society, ed. (xullo de 2017). "AGM Plants - Ornamental" (PDF). p. 43. Consultado o 3 de marzo de 2018. 
  10. "RHS Plant Selector Ilex aquifolium AGM / RHS Gardening". Apps.rhs.org.uk. Consultado o 4 de xullo de 2020. 
  11. "RHS Plant Selector Ilex aquifolium 'Amber' (f) AGM / RHS Gardening". Apps.rhs.org.uk. Consultado o 4 de xullo de 2020. 
  12. "RHS Plant Selector Ilex aquifolium 'Argentea Marginata' (f/v) AGM / RHS Gardening". Apps.rhs.org.uk. Consultado o 4 de xullo de 2020. 
  13. "RHS Plant Selector Ilex aquifolium 'Ferox Argentea' (m/v) AGM / RHS Gardening". Apps.rhs.org.uk. Consultado o 10 de setembro de 2020. 
  14. "RHS Plant Selector Ilex aquifolium 'Golden Queen' (m/v) AGM / RHS Gardening". Apps.rhs.org.uk. Consultado o 16 de setembro de 2020. 
  15. "RHS Plant Selector Ilex aquifolium 'Handsworth New Silver' (f/v) AGM / RHS Gardening". Apps.rhs.org.uk. Consultado o 16 de setembro de 2020. 
  16. "RHS Plant Selector Ilex aquifolium 'J.C. van Tol' (f) AGM / RHS Gardening". Apps.rhs.org.uk. Consultado o 16 de setembro de 2020. 
  17. "RHS Plant Selector Ilex aquifolium 'Madame Briot' (f/v) AGM / RHS Gardening". Apps.rhs.org.uk. Consultado o 16 de setembro de 2020. 
  18. "RHS Plant Selector Ilex aquifolium 'Pyramidalis' (f) AGM / RHS Gardening". Apps.rhs.org.uk. Consultado o 16 de setembro de 2020. 
  19. "RHS Plant Selector Ilex aquifolium 'Silver Queen' (m/v) AGM / RHS Gardening". Apps.rhs.org.uk. Consultado o 16 de setembro de 2020. 
  20. "RHS Plant Selector Ilex × altaclerensis 'Belgica Aurea' (f/v) AGM / RHS Gardening". Apps.rhs.org.uk. Consultado o 16 de setembro de 2020. 
  21. "RHS Plant Selector Ilex × altaclerensis 'Camelliifolia' (f) AGM / RHS Gardening". Apps.rhs.org.uk. Consultado o 16 de setembro de 2020. 
  22. "RHS Plant Selector Ilex × altaclerensis 'Golden King' (f/v) AGM / RHS Gardening". Apps.rhs.org.uk. Consultado o 16 de setembro de 2020. 
  23. "RHS Plant Selector Ilex × altaclerensis 'Lawsoniana' (f/v) AGM / RHS Gardening". Apps.rhs.org.uk. Consultado o 16 de setembro de 2020. 
  24. "Acivro (Ilex aquifolium L.)". Atlas Lingüístico Galego. Consultado o 9 de setembro de 2016. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • REAL ACADEMIA GALLEGA: Diccionario gallego-castellano. A Coruña 1913-1928.
  • VARIOS: Terra de Melide. Seminario de Estudos Galegos,