Luis Seara Nieto
Aparencia
(Redirección desde «Luis Carlos Seara Nieto»)
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1936 Paderne de Allariz, España |
Morte | 22 de marzo de 2010 (73/74 anos) |
Causa da morte | infarto agudo de miocardio |
Alcalde de Paderne de Allariz | |
1975 – 2007 – José Manuel Fernández Gómez → | |
Actividade | |
Ocupación | político, empregado de banca |
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Luís Seara.
Luis Carlos Seara Nieto, nado en Paderne de Allariz en 1936 e finado no mesmo concello o 22 de marzo de 2010,[1] foi un político galego do PPdeG.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Empregado dunha entidade de aforro e cooperativista de Coren. Nas primeiras eleccións democráticas foi o candidato de UCD á alcaldía de Paderne de Allariz, e foi elixido alcalde. Volveu ser elixido por Coalición Galega, Centristas de Galicia e PPdeG nas sucesivas convocatorias electorais, sempre con maioría absoluta, ata que en 2007 foi substituído como cabeza de lista do PPdeG por José Manuel Fernández Gómez.
Predecesor: - |
Alcalde de Paderne de Allariz 1975 - 2007 |
Sucesor: José Manuel Fernández Gómez |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "El ex alcalde de Paderne de Allariz fallece de un infarto". La Región (en castelán). 2010-03-23. Consultado o 2020-04-01.