Mario Barco
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (es) Mario Barco Vilar 23 de decembro de 1992 (31 anos) Lizarra, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 1,85 m | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2011 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Dianteiro centro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Mario Barco Vilar, nado o 23 de decembro de 1992 en Lizarra, Navarra, é un futbolista profesional que xoga como dianteiro no CD Mirandés da Liga SmartBank.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado en Lizarra, Mario Barco formouse nas canteiras do Peña Sport, Athletic Bilbao e do Club Deportivo Calahorra. No ano 2006, metres xogaba no Peña Sport, recibe un forte golpe na caluga, teméndose o peor, porén consegue recuperarse e en 2010, despois de xogar no Calahorra da Liga Nacional Xuvenil,[1] ten a súa oportunidade co primeiro equipo da Terceira División, onde en 2011 é o máximo goleador con 20 goles en 30 partidos. Isto chama a atención da Unión Deportiva Logroñés da Segunda División B en 2012, onde continua a destacar.
O seu bo ano propicia o interese do Athletic Club, que o ficha para xogar no seu filial tamén da Segunda B.[2] No seu primeiro ano no club bilbaíno marca cinco goles saíndo habitualmente desde o banco. Con todo, no seu segundo ano non goza de moito protagonismo, polo que no mercado de inverno ficha polo Barakaldo da mesma categoría. Alí convértese nun dos homes importantes do equipo ao meter 6 goles en tan só 13 encontros. A súa boa segunda volta chama a atención de varios equipos, mais o xogador decide asinar por tres anos co Club Deportivo Lugo da Segunda División.
O 25 de xuño de 2018, Barco chegou a un acordo co Cádiz CF para asinar un contrato por tres anos.[3]
O 24 de xullo de 2019, anunciouse a súa fichaxe por dúas tempadas co CD Mirandés.[4]
Clubs
[editar | editar a fonte]Club | Categoría | Ano | PX | Goles |
---|---|---|---|---|
Calahorra | Terceira | 2011−2012 | 30 | 20 |
Logroñés | Segunda B | 2012−2013 | 33 | 9 |
Athletic B | Segunda B | 2013−2014 | 33 | 5 |
Athletic B | Segunda B | 2014−2015 | 11 | 0 |
Barakaldo | Segunda B | 2015 | 13 | 6 |
UD Somozas | Segunda B | 2015-2016 | 33 | 8 |
Pontevedra CF | Segunda B | 2016−2017 | 25 | 12 |
CD Lugo | Segunda | 2017−2018 | 23 | 5 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Marca, ed. (10 de xullo de 2013). "El Athletic ficha a Mario Barco para incorporarlo al filial" (en castelán). Consultado o 6 de xullo de 2015.
- ↑ Marca, ed. (28 de setembro de 2012). "Barco, el ídolo del Logroñés que 'nació' a los 16 años" (en castelán). Consultado o 6 de xullo de 2015.
- ↑ Mario Barco, primer refuerzo para la nueva campaña
- ↑ Mario Barco, nuevo delantero del Club Deportivo Mirandés